Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2015

LEMBRADE QUE AÍNDA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA APUNTARVOS A PISCINA ¡¡¡¡

ATA O 06.10.2015 ¡¡¡

GRUPOS DE INGLÉS CURSO 2015-2016 COMEZO XOVES 1 DE OUTUBRO

LUNS 16:30                     MARTES E XOVES 16:30                 MÉRCORES 16:30 Yoel Díaz                         Alejandra Iglesias                                 Eduardo Louzao                       Marcos Navas                 Marcos Pérez                                        Rubén Álvarez Ana Varela                      Nagore Fornos                                      Sofía Huzuela Eduardo Louzao             Miguel Iglesias                                      Unai Moya Andrea Rodríguez          Ester Bouzada                                       Jorge Iglesias Juan J. Chao                   Vega Fernández                                    Oriana Leira Valentina Costas            Candela Sotelo                                      Ainara Cabado Sofía Huzuela                  Brais Martín                                         Antón Xoel Carpente Jorge Iglesias                  Habte Candal                                        Alba Filgueira  Carla F

ACTIVIDADE DE COCIÑA ( grupo pechado )- COMEZO VENRES 2 DE OUTUBRO

VENRES DE 17:30 A 19:00 NO LOCAL DA ANPA Antonio Otero Oliveira Manuel Amorín Gómez Lucía Vigo Rodríguez Nagore Fornos Fonte Candela Sotelo Barrón Jimena Roade Conejo Noa Montenegro Martínez Marta Nogueras Anca Giselle Gilda Bocanegra Eider Plasencia de la Paz Carolina Espiño García Irune Fornos Fonte Óscar Domínguez Leira Miguel Martínez García María Cagide León Laura Ferreiro Rivas O alumnado deberá traer os días de clase : un delantal, un pano de cociña e un tupper. Esta actividade non admite máis alumnos.  As familias que soliciten a inscrición a partires deste momento quedarán en listaxe da agarda e serán chamadas no caso de que se producise algunha baixa.

ACTIVIDADE DE ART ATTACK - COMEZO VENRES 2 DE OUTUBRO

VENRES DE 16:30 A 17:30 NO LOCAL DA ANPA Marcos Navas Udaondo Daniela Vázquez Rolán Sabela García Bermejo Aroa Brea Amado Rubén Álvarez Soto Noelia Navas Udaondo Carla Álvarez Soto Antón Xoel Carpente Laura Eduardo Louzao Fungueiro Ainara Cabado Ortube Elizabeth García

PISCINA - NOVA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR

Moi boas : Xa temos confirmados os horarios nos que se poderían impartir os cursos na pisicina do Complexo Acuático do Castro ( Franza ) para o alumnado socio da ANPA que teña entre 4 e 12 anos, ambos inclusive. Os grupos deberán ter un mínimo de 10 alumnos e o prezo por alumno será de 10 euros/mes. Os horarios dispoñibles son : MARTES :  16:15 a 17:00 XOVES :    16:15 A 17:00 VENRES : 16:15 A 17:00 Se estades interesados,  formalizade a inscrición nun formulario normal ( podedes atopalos nas entradas anteriores ), indicando a preferencia de día. Mais, unha vez que recibamos as solicitudes, no caso de non acadar o número mínimo de alumnos para os tres grupos, decidiráse cal dos días se impartirá tendo en conta o de maior demanda e as idades dos solicitantes. Grazas. A xunta directiva.

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACION¡¡

Moi boas familias ¡ Dende a xunta directiva queremos darvos as GRAZAS a todos os país e nais que vos achegastes á asamblea de onte e aos que, aínda non podendo facelo, manifestastes por outros medios as vosas posturas en relación cos asuntos tratados. Temos que dicir que a de onte foi unha das asembleas máis numerosas dos últimos anos, o que nos ven a demostrar que as familias queredes participar, propoñendo e opinando sobre a vida educativa d@s nos@s fill@s . Tomamos boa conta de todo o falado onte e seguiremos a traballar nas novas e vellas propostas. Para as familias que non puideron asistir á asamblea, aquí vai un pequeno resumo das decisións, propostas e opinións : PROPOSTAS DA ANPA : * seguimento á solicitude  realizada pola ANPA e o Centro de ampliación de prazas do comedor para este mesmo curso. * seguimento á solicitude  realizada pola ANPA  sobre o establecemento de liña de autobús ao remate do horario lectivo . * subvención a socios da ANPA do importe dunh

LEMBRADE ¡¡ ASEMBLEA DE FAMILIAS O XOVES 24 ÁS 17:30-18:00

Ola familias¡ Lembrade que o xoves 24 ás 17:30 h ( 1ª convocatoria ) e 18:00 h ( 2ª convocatoria) temos convocada unha asemblea de pais/nais na que vos queremos expoñer unha serie de cuestións que consideramos poden resultarvos de interés, entre elas a implantación do uniforme con carácter voluntario no colexio. Por iso, vos animamos a que asistades e poidades manifestar as vosas opinións e inquedanzas en relación con este e outros asuntos relacionados coa vida educativa dos nosos fill@s. Ao remate da asemblea, os que aínda non o fixerades,  teredes a posibilidade de facer a inscrición como socio e/ou nas actividades extraescolares que organizamos neste curso 2015-2016. O prazo remata o vindeiro venres 25 polo que non queda moito tempo ... no vos arrisquedes a quedar sen praza ¡¡ CONTAMOS CON VÓS¡¡

NÚMERO DE CONTA CORRECTO

Boas tardes a tod@s : Grazas ao aviso dun papá, decatámonos  de que o número de conta que figura na ficha de inscrición como socio é diferente do que figura na ficha das actividades extraescolares. Este erro ven dado pola recente inclusión do Banco Pastor no Grupo Popular que mudou os números de conta que tiñan asignados os seus clientes e non o cambiamos nese formulario..... O número de conta correcto é o que figura na ficha de actividades extraescolares :                                             ES73 - 0238- 8160- 1307- 00028610 Pedímovos desculpas polas molestias que este feito vos poida ocasionar, mais a entidade bancaria acaba de asegurarnos que se algunha familia quere facer o pago na conta antiga o sistema non llo permitiría. Na ficha de inscrición que podedes descargar da entrada anterior xa figura o número correcto. Grazas pola vosa comprensión. A xunta directiva

FAITE SOCIO, PARTICIPA NA VIDA ESCOLAR DOS TEUS FILL@S¡¡

Ola de novo ¡ Nesta semana o cole enviará a través do alumnado, a primeira circular informativa da APNA deste curso, ademais das fichas para  asociarse e dos formularios de inscrición nas actividades extraescolares. Necesitamos todo o apoio que nos podades ofrecer para poder intervir de xeito efectivo na vida educativa do centro. A mellor das formas é asociándote,  o que permitirá que participes de xeito directo ou indirecto das propostas e decisións que lle afectan ao teu fill@. Na mesma circular convocamos unha asemblea de país e nais ( socios e non socios ) para , entre outras cousas, proponer a implantación do uniforme no colexio.  Gostaríanos moito que a afluencia fose masiva e poder así testar con maior fiabilidade a opinión maioritaría. Reproducimos aquí o contido da circular e colgamos o enlace para descargar a ficha de socio 2015-2016. http://es.slideshare.net/anpadeares/modelo-ficha-inscripcin-socio Outro ano máis   a ANPA do CPI Conde de Fenosa ponse en contact

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2015-2016

Bo día a tod@s : Xa temos aberto o prazo de inscrición para as actividades extraescolares 2015-2016¡¡ Como veredes , houbo algún cambio na oferta de actividades que agardamos sexa do voso agrado. Se estades interesados en que os voso fill@s asistan a alguna delas, non vos retrasedes, pois hai prazas limitadas e a selección realizaráse por orde inscrición ( preferencia a soci@s ). O prazo remata o venres 25.09.2015.                                             ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2015-2016 ACTIVIDADE DÍAS SEMANA PRECIO SOCIO PRECIO NON SOCIO INGLÉS 1 OU 2 DÍAS ( duración da clase : 1 hora   ) 18€/MES – CURSO 2 DÍAS (+ libro) 10€/MES – CURSO 1 DÍA (+ libro) 23€/MES – CURSO 2 DÍAS (+ libro ) 15€/MES – CURSO 1 DÍA (+ libro) inglés conversación 1 DÍA ( 1 hora ) 20€/MES 25€/MES art attack 1 dia ( 1 hora ) 10€/MES 15 €/mes cociña e rep

INSUFICIENCIA DE PRAZAS SERVIZO COMEDOR 2015-2016

Bo día a tod@s : Como de seguro ninguén é alleo á problemática xurdida nesta semana co servizo de comedor do colexio para este curso, informámovos de que a ANPA, tras tratalo coa dirección do centro, acaba de rexistrar o escrito no que lle reclamamos á Xefatura Territorial de Educación a ampliación das prazas de comedor para poder dar cobertura a todas as solicitudes presentadas que non acadaron praza coa baremación ordenada pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación na Instrucción 1/2015 . Nese mesmo escrito, lles indicamos que un xeito para paliar esta insuficiencia de prazas sería tamén o establecemento dunha liña de transporte que recollese ao alumnado que sendo usuario deste, non necesite comedor..... petición que nos fixeron chegar moitas familias. Agardamos que esta petición, á que se engadirá a que a dirección do centro tamén vai facer, se vexa atendida, e todas as familias poidan acceder a un servizo que entendemos prioritario. Seguiremos informándovos .

EDUCAMAÑÁS ALMORZARES 2015/2016

O venres 11.09.2015, coincidindo co inicio do servizo de comedor no cole, a ANPA pon en marcha, outro ano máis, o programa de conciliación laboral/familiar EDUCAMAÑÁS ALMORZARES. Horario : días lectivos de 07.30 a 09.30 h Lugar : local da ANPA Prezos : Socios :        50 € mes completo  e 4,5 € día solto               Non socios : 55 € mes completo  e 6 € día solto               Desconto do 20 % da cuota no caso de irmáns usuarios da actividade En breve colgaremos as fichas de inscrición, namentres podedes contactar con nós para facer as inscricións provisionais e poder comezar a usar o servizo. Queremos agradecer ao Concello de Ares a súa colaboración nesta actividade. A xunta directiva.

COMEZA O NOVO CURSO ¡¡¡

Xa está aquí ¡¡ Xa chegou¡¡ Aínda estamos a quitar as areas da praia e xa temos que facer de novo a mochila... Mañá ás 11:00 h da comezo o novo curso escolar 2015/2016 e a nova xunta directiva da ANPA Ramón Pimentel do Conde de Fenosa quere darvos a benvida. Como todos os anos, seguiremos intentando que a vida educativa dos nosos fillos e fillas mellore e para iso necesitamos que todos vos impliquedes un pouquiño, por exemplo, facéndovos socios e dándolle máis forza á asociación. Seguiremos colaborando coa dirección do centro en todo o que estea nas nosas mans e pedirémoslle que intenten facer o mesmo connosco. Trataremos tamén de ofrecervos actividades culturais, deportivas e lúdicas atractivas para a aprendizaxe e diversións dos nosos/as nenos/as, para as que xa podedes comezar a facer propostas ¡¡¡  Encantaríanos que nos manifestárades as vosas preferencias neste ámbito, así como outras peticións que vos resulten de interés, estudiarémolas todas con moito cariño

LISTADO PROVISIONAL DE USUARIOS COMEDOR 2015 / 2016

Listado provisional de usuarios de comedor curso 2015 / 2016: http://www.edu.xunta.es/centros/cpicondefenosa/system/files/lISTADO%20%C3%9CLTIMO.pdf