Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2015

FESTA DO SAMAIN ¡¡¡¡

Ola familias ¡ Como non todo vai ser estudar.....xa está aquí a nosa primeira FESTA ¡ O vindeiro sábado 7.11.2015 ás 17.00 h, no pavillón polideportivo municipal celebraremos o noso particular Samaín :  saltaremos nos hinchables, subiremos ( e caeremos       ..) do touro mecánico, imitaremos a Messi ou Cristiano tentando marcar goles nunha portería especial, xogaremos, bailaremos e cantaremos....e no medio de todo iso, ...merendaremos para repoñer forzas ¡¡ Todo isto no ambiente terrorífico típico destas datas que vós tedes que axudar a crear acudindo vestidos coas vosas " peores, malvadas e diabólicas galas "  ¡¡ Esperámosvos ¡¡ * Lembrade que por razón legais só pode acudir o alumnado matriculado no noso centro e/ou os seus irmás menores non escolarizados aínda. * Inscrición previa obrigatoria ata o 4.11.2015 ( por mail, teléfono, na oficina...) * Socios : gratis   Non socios : 7 € * Data límite para inscribirse como socio da ANPA para este curso : 4.11.2015 (

CALENDARIO ESCOLAR 2015-2016

Ola ¡ Aquí podedes ver o calendario escolar para este curso 2015-2016. http://es.slideshare.net/anpadeares/calendario-2015-2016-56003605 En breve volo faremos chegar a casa a través do centro. Un saúdo. A xunta directiva

USUARI@S EN LISTAXE DE AGARDA SERVIZO DE COMEDOR

Bo día familias ¡ Como xa vos dixemos,  a ANPA e mais o Centro solicitaramos á Xunta de Galicia a ampliación das prazas do comedor para poder prestar o servizo ao alumnado que quedara na listaxe de agarda tras a resolución definitiva de admitidos. Hai uns días a Consellería de Educación comunicara que sí outorgaba a ampliación de prazas solicitada ( polo de agora só para este curso 2015-2016 ) mais non se pronunciaba sobre a incorporación de persoal de reforzo que por normativa é imprescidible para un comedor de máis de 150 prazas, como pasaría a ser o noso ( auxiliar de cociña, ..). Pois ben, tras requerir un pronunciamento sobre este asunto, a Consellería ven de publicar na súa web o anuncio para a cobertura doutra praza de auxiliar de cociña para o comedor do cole : http://www.xunta.es/comisions/ConsultarAnuncio.do?id=8637 Agardamos que no prazo máis breve posible o comedor funcione xa dando servizo a todos os solicitantes. Agradecémoslle á dirección do centro a súa cons

AVISO PARA OS CURSOS DE 1º E 2º DE PRIMARIA

Bo día familias ¡ Na asemblea do 24.09.2015, entre outros temas, explicouse a razón esgrimida polo centro pola que o alumnado de 1º e 2º de Primaria tería que mercar un caderno + ábaco que non figuraba na listaxe de libros/material entregada ao fin do curso anterior. Tras reunirnos coa dirección, e agradecéndolle ao profesorado o seu interese por abrir novas vías de aprendizaxe do cálculo ( que compartimos )  solicitámoslles que estudasen algunha outra posibilidade que resultase menos gravosa para as familias, tendo en conta ademáis que algunhas delas xa entregaran os cheques-libro da Xunta e non tiñan posibilidade de recuperalos para poder mercar o novo material con cargo a aquel. Igualmente ofrecímoslles a nosa axuda no caso de que fose necesaria alguna xestión coas editoriais. A dirección ven de comunicarnos que NON será necesario que as familias merquen o caderno+ábaco, aínda que sí porán en marcha o método. O centro xa encargou 20 unidades, que rotará entre as clases para q

COMEZO DA ACTIVIDADE DE PISCINA

Bo día familias: Informámosvos de que a actividade de pisicna no Complexo Acuático do Castro comezará a semana do 19 de outubro.   En concreto o grupo que asista os martes ( 16:15 a 17:00 ) comezará o día 20.10.2015. O que teña asignado os xoves ( 16:15 a 17:00 ) comezará o 22.10.2015. Ao ser medio mes de curso, aboaredes ( do xeito habitual e neste mesmo mes de outubro) só a metade da cuota mensual, esto é, 5 euros. A partires de novembro xa se pagaría a cuota completa de 10 €, ata maio de 2015, mes de remate do curso.  Lembrade que antes de comezar o curso ( se non o fixestes xa )  teredes que ter feito a inscrición como socios da ANPA, toda vez que a actividade está reservada para nós. Neste enlace podedes ver a normativa básica de piscina para que a teñades en conta e a cumprades. http://es.slideshare.net/anpadeares/normativa-grupos-piscina-2015 Un saúdo e que disfruten moito ¡¡ Grazas. A xunta directiva.   GRUPO MARTES