Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2017

NOVIDADES OBRADOIROS LINGUA DE SIGNOS

NOVIDADES OBRADOIROS DE LINGUA DE SIGNOS:     * Xuntamos nun mesmo grupo OS MARTES DE 16:30 a 18:30 h ao alumnado de Primaria inscrito ( de 1º a 6º ). A AXF preparará un obradoiro axeitado a este grupo.  Polo tanto, se todavía hai algún alumno/a de Primaria interesado en asistir a este obradoiro aínda está a tempo de inscribirse. * Anulado o obradoiro de Educación Infantil por falta de inscricións. Grazas.

RETIRADA DO APOIO Á FOLGA DO 9 DE MARZO

http://fedapascoruna.org/2017/02/21/confapa-galicia-retira-o-apoio-a-folga-do-9m/

NOVA CONVOCATORIA OBRADOIROS LINGUA DE SIGNOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL E 1º-2º-3º PRIMARIA

Tendo en conta a anulación dos obradoiros previstos para ESO e 4º,5º,6º Primaria por non acadar o número mínimo de inscritos, ofrecemos as mesmas datas ao alumnado de Educación Infantil e 1º,2º,3º Primaria. Aquí tendes a información: https://www.slideshare.net/anpadeares/lingua-de-signos-infantil-e-123-primaria Prazo para anotarse : ata o 27 de febrero Grazas.

ANULACIÓN DE OBRADOIROS LINGUA SIGNOS ESO E 4º-5º-6 ºPRIMARIA

Tendo en conta que no se acadou o número mínimo de solicitudes para estes obradoiros vémonos na obriga de cancelalos.  Desculpade as molestias.  Grazas.

AXUDA PARA A SAÍDA DO ALUMNADO SOCIO DE 4º DA ESO

Bo día familias ¡ Continuando coas actuacións de axuda á una das saídas do alumnado socios neste curso informámosvos de que a ANPA sufragará con 4 € a saída que 4º da ESO efectuará o vindeiro día 21 de febrero Fene para asisitír ás  III Xornadas de Orientación Académica e Profesional   Máis, por razóns organizativas do centro, este necesita que as familias igualmente envíen polos alumnos a autorización  asinada e os cartos totais  correspondentes . A partires do día seguinte ao da excursión , as familias socias poderán pasar a recoller pola nosa oficina o importe referido ( no horaria habitual, mércores de 17 a 18).   Iremos informándovos das saídas subvencionadas para o resto dos niveis. Saúdos . A xunta directiva.

RESPOSTA DA VALEDORA DO POBO Á PETICIÓN DA CONFAPA SOBRE AMIANTO NOS COLES

A Federación de Anpas achéganos esta documentación ; •a resposta da Valedora do Pobo ao escrito presentado (que foi enviado tamén á Consellería de Educación, e que vos enviamos hai uns días) pola retirada das cubertas de amianto dos Centros Educativos. •A aclaración que envía CONFAPA a esa resposta. http://www.slideshare.net/anpadeares/amianto-valedora-do-pobo http://www.slideshare.net/anpadeares/continuacin-escrito-a-valedora-amianto

NOVAS INFORMACIÓNS SOBRE A CONVOCATORIA DE FOLGA PARA O 09 DE MARZO

Imagen

ÚLTIMO DÍA PARA RECOLLER O IMPORTE DA AXUDA SAÍDA 1º ESO

Ola familias ¡ Mañá mércores, 8 de febrero, será o último para que as familias do alumnado de 1º da ESO recolla a axuda de 4 € pola saída do mes de decembro ( xa non se entregará pasado este día ). Grazas.

OBRADOIROS DE LINGUA ESPAÑOLA DE SIGNOS

Imagen
Aquí podedes ver a oferta dos obradoiros de linguaxe española de signos que vos propoñemos para o mes que ven. Iremos ofertando o resto dos grupos  ( Infantil, Adultos, e 1º a 3º de Primaria ) cando rematemos estes, tendo en conta a disponiblidade de local e formador. Grazas. http://www.slideshare.net/anpadeares/obradoiros-linguaxe-de-signos-def

FESTA DO ENTROIDO 2017

Imagen
Xa estamos no Pre-entroido ¡¡ Voltaremos ao Mosteiro de Santa Catalina, bailaremos, cantaremos, xogaremos e merenderamos quentiño.... Aberto o prazo de inscrición ata o 21.02.2017 ( por mail, teléfono polas tardes, whatsapp ao móvil da ANPA ou na oficina no horario habitual ). ... Teremos á vosa disposición unha hucha e camisetas á venda para colaborar coa causa solidaria de # UnacuraparaAdri . ¡¡ Esperámosvos ¡¡  

ALERTA LARANXA

RECOMENDACIÓN DE SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR PARA MAÑÁ VENRES 3.02.2017 A PARTIRES DAS 15.00H . Malia iso acabamos de confirmar co 112 que para hoxe xoves pola tarde non teñen recomendación de suspensión polo que a actividade de patinaxe desta tarde mantense .  GRAZAS http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21138

INFORMACIÓN SOBRE RECOLLIDA DE SINATURAS PARA REQUIRIR AXILIZAR A AMPLIACIÓN DO COLE

Ola familias : Segundo o acordado na pasada asemblea do 25.01.2017 comezaremos as nosas reivindicativas sobre a ampliación do cole cunha recollida de sinaturas. Ademáis de na oficina no seu horario habitual, tentaremos deixalos nalgúns establecementos de Ares nos que nos deixen e vos iremos informando para que, si así o queredes, podades pasar por alí para asinalos. Igualmente se xa formades un grupo de familias, podedes descargar a listaxe, asinala e facérnola chegar xa cuberta para engadila ás nosas. PRAZO : ATA O 03 DE MARZO Grazas. ¡ CONTAMOS CON VÓS ¡ 13.02.2017 : Informámosvos de que tendes á vosa disposición as listaxes para poder unirvos a esta reivindicación na nosa oficina, pero tamén en : * Carpe Diem ... * Panadería García López * Mercería Mari * Kiosko de Emma * Frutería Mari   http://www.slideshare.net/anpadeares/recollida-de-sinaturas-ampliacion-def-web