Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2016

AVISO DIRECCIÓN DO CENTRO RENOVACIÓN CONSELLOS ESCOLARES

Bo día : Animamos a todas as familias e ao alumnado a participar no órgano de representación e decisión por excelencia, como é o Consello Escolar, tanto presentándose como elixibles como acudindo a votar o día da elección ( na última semana do mes de novembro). AVISO DA DIRECCIÓN DO CENTRO Dando cumprimento ó estipulado no artigo 2.2 da Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG do 04.10.2016) da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa, proc e de ra se o día 2 de novem bro ás 12:30h , ao sorteo público, no despacho de Dirección, dos membros que constituirán a Xunta Electoral que dirixirá o proceso de elección parcial dos membros compoñentes do Consello Escolar deste Centro Público Integrado   “As Mirandas” de Ares. A Dirección informa que as eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa ao Consello Escolar realizaranse entre os días 23  ao 29 de novembro.   Nesta renovación parcial quedan implicados nos di

PORCENTAXE DE PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DO NOSO COLE NA FOLGA 26.10.2016:

PORCENTAXE DE PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DO NOSO COLE NA FOLGA 26.10.2016:     XERAL : 74 % ( INFANTIL - PRIMARIA- ESO )   PARCIAL : 82 % ( ESO ) Salientar que a participación do alumnado de 3º e 4º ESO ( o colectivo máis afectado por mor da reválida vinculante para obter o título de Secundaria ) foi do 100 %.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DÍA 26 DE OUTUBRO ( FOLGA )

Bo día: Mañá mércores 26, aínda que está convocada a folga de familias e estudantes en todo o Estado desenvolveránse con normalidade as actividades organizadas pola ANPA no horario non lectivo ( Almorzos, Xogando co inglés , Inglés e taller de comprensión lectora ).    # 0recorteseducación .  Grazas.

INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE A FOLGA DO 26 DE OUTUBRO

Imagen
Unha pequena explicación : https://www.ceapa.es/ content/ 10-porqués-o-razones-para-q ue-padres-y-madres-hagamos -huelga-contra-las-reválid as-vaciando Normativa : LOMCE https://www.boe.es/boe/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12886.pdf ACLARACIÓN NORMATIVA SOBRE AS REVALIDAS ESO E BACHARELATO https://www.boe.es/boe/dias/2016/07/30/pdfs/BOE-A-2016-7337.pdf MODELO DE XUSTIFICACIÓN AUSENCIA NO CASO DE ALUNMNO EN FOLGA : Á atención do Director/a do centro educativo __________________________   D./Dna. ____________________________________________________________ pai/nai/titor-a do alumno/a ______________________________________________ do grupo _________, comunico mediante o presente escrito que a ausencia do meu fillo-a/tutelado-a do pasado día 26 de outubro de 2016, foi motivada por causas alleas á súa vontade, baseadas nunha decisión familiar que pertence ao ámbito privado e que, de ser preciso, será explicada ante as instancias oportunas que teñan capacidade

FESTEXAMOS O SAMAÍN 2016 ¡¡

Imagen
Aquí podedes  ver a circular sobre os Obradoiros do Samaín, actividade que organizamos este ano para festexar este terrorífica data .... http://www.slideshare.net/anpadeares/samain-2016 NOTA: SE QUEREDES DECORAR A CABAZA POR DENTRO, RECOMENDÁVOSMOS QUE A TRAIADAS XA  BALEIRA DA CASA Lembrade : 1 .- Necesaria inscrición previa , data límite : 25 de outubro . 2.- Os máis novos necesitarán vir acompañados dun adulto. 3.-.Os socios asistirán gratis. Os non socios abonarán 5 euros por nen@. 4.- Como o ano pasado, e por razóns organizativas , o ÚLTIMO DÍA PARA FACERSE SOCIO DA ANPA será tamén o día 25.10.2016. Grazas e esperámosvos ¡¡

INFORMACIÓN SOBRE A FOLGA CONVOCADA PARA O 26.10.2016

INFORMACIÓN REMITADA POLA CEAPA SOBRE A FOLGA  CONVOCADA PARA O VINDEIRO 26.10.2016 https://www.ceapa.es/sites/default/files/uploads/ficheros/noticia/10_porques_o_razones_para_ir_a_la_huelga_contra_las_revalidas.pdf

TALLER DE COMPRENSION LECTORA PARA 3º E 4º PRIMARIA

O mércores 19 de outubro comeza o taller de comprensión lectora para 3º e 4º de Primaria ( de 16:30 a 17:30 na sala de usos múltiples do cole ), que continuará os mércores ata o 9 de novembro. Aínda queda algunha praza libre polo que se estades interesados contactade con nós. Prezo : 32 € socios / 45 € non socios. Nota : o alumnado xa inscrito deberá facer o pago do importe do taller antes do 15.10.2016.

RENOVACION DOS CONSELLOS ESCOLARES

A Xunta acaba de publicar o calendario para as renovacións dos consellos escolares dos centros educativos de Galicia : http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20161004_calendario_conselloescolar.pdf Iremos informándovos do proceso no noso centro. Saúdos.

MODALIDADE DE PAGAMENTO ACTIVIDADES

2.-                MODALIDADES DE PAGAMENTO   a.-          1.-  INGRESO EN CONTA : Ingresar na conta ES73 0238 8160 1307 0002 8610  Banco Pastor. NON ESQUEZA indicar o nome do alumno/a, actividade que abona e a mensualidade correspondente   b.-          2.- PAGO NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO : no seu horario habitual   ( mañá e tarde ), onde lle facilitarán o            xustificante de pagamento correspondente.                   3.- PAGO NA OFICINA DA ANPA : mércores de 17 a 18 h.     3.-        PRAZO DE PAGAMENTO                O PAGO DAS CUOTAS MENSUAIS DAS ACTIVIDADES DEBERÁ REALIZARSE ENTRE OS DÍAS 1 E 10 (                ( adiantadas )