Entradas

Mostrando entradas de abril, 2017

DÍA DO LIBRO 2017

Imagen
DÍA DO LIBRO 2017 Conmemorando o día do libro que se celebra o vindeiro domingo día 23 de abril, a ANPA organiza unha serie de actividades para as familias socias das que vos ofrecemos a seguinte información : CAMPAÑA “ Un neno/a, un libro “ Co apoio da editorial RBA Editores, o luns días 24 de abril entre as 17 h e as 19 h estaremos na oficina para entregarlle de balde a cada neno/a socio/a cadanseu libro axeitado á súa idade. Os libros que non se recollan ese día doaránse a bibliotecas. Ao alumnado de 6º Primaria e ESO entregaráselle un exemplar de El Quijote adaptado para a mocidade por Arturo Pérez Reverte ( encargo da Real Academia de la Lengua Española ). Ofrecémoslle así un libro de estudo que necesitarán máis adiante e cuxo autor dou orixe á data de celebración deste importante día.   TALLER DE MARCAPÁXINAS ( SCRAPP) Tamén o mesmo luns día 24 de abril, en dúas quendas ofrecemos a posibilidade de elaborar un precioso e práctico marcapáxinas par

PRESENTACIÓN DE ESCRITOS CON SINATURAS AMPLIACIÓN COLE

Imagen
Hoxe, 06.04.2017, a presidenta da ANPA presentou no rexistro administrativo de Ferrol os 3 escritos dirixidos aos órganos competentes ( concello, xefatura territorial de Educación e Dirección Xeral de Urbanismo ) instándolles a que aceleren as xestións necesarias para ampliar o cole canto antes, así como que a ampliación conleve a construcción dun aulario de infantil novo, non só parcial. Achegamos con eles as case 300 sinaturas recollidas durante o mes de febreiro apoiando esta reivindi cación. Moitas grazas a tod@s @s asinantes ¡¡ Iremos informándovos do resultado desta actuación.