FAITE SOCIO, PARTICIPA NA VIDA ESCOLAR DOS TEUS FILL@S¡¡

Ola de novo ¡

Nesta semana o cole enviará a través do alumnado, a primeira circular informativa da APNA deste curso, ademais das fichas para  asociarse e dos formularios de inscrición nas actividades extraescolares.

Necesitamos todo o apoio que nos podades ofrecer para poder intervir de xeito efectivo na vida educativa do centro. A mellor das formas é asociándote, o que permitirá que participes de xeito directo ou indirecto das propostas e decisións que lle afectan ao teu fill@.

Na mesma circular convocamos unha asemblea de país e nais ( socios e non socios ) para , entre outras cousas, proponer a implantación do uniforme no colexio.  Gostaríanos moito que a afluencia fose masiva e poder así testar con maior fiabilidade a opinión maioritaría.

Reproducimos aquí o contido da circular e colgamos o enlace para descargar a ficha de socio 2015-2016.

http://es.slideshare.net/anpadeares/modelo-ficha-inscripcin-socio


Outro ano máis  a ANPA do CPI Conde de Fenosa ponse en contacto con vós para darvos á benvida o curso escolar 2015/2016 e presentarvos á nova xunta directiva elixida na asemblea do mes de xuño:

 Presidenta : Ana Sofía Santín       Secretaria : Alma Barrón           Tesoureira: Victoria Udaondo           
Vogal : Jorge Riveiros                     Vogal : Rocío Rolán                   Vogal : Rocío Iglesias

 1.- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Continuando a tarefa dos nosos predecesores, informámosvos de que seguiremos ofrecendo actividades culturais, lúdicas e de conciliación. Achegamos listaxe de actividades xunto á ficha de inscrición que deberedes entregar cuberta antes do 25.09.2015 no caso de estar interesados.

Ademais ao longo do curso desenvolveremos outras actividades puntuais das que vos iremos dando conta.

2.- ASÓCIATE : Como todos os anos, o comezo do curso trae consigo unha serie de incidencias que necesitan do apoio de toda a comunidade educativa para a súa solución : servizo de comedor, transporte escolar, obras,… A Anpa presenta iniciativas e colabora coa dirección do centro en todo o que entendemos podemos resultar de axuda, pero a asociación non pode facer unha presión efectiva se non ten detrás o respaldo da maior parte dos pais/nais do alumnado do colexio.

Por isos vos pedimos que vos asociedes ( achegamos a ficha de inscrición ) e poidades formar parte e respaldar as actuacións que esta xunta directiva xa está programando e desenvolvendo, así como formular as propostas que consideredes oportunas sobre calquera ámbito da vida educativa do noso centro.

 3.- ASEMBLEA : unha das propostas que vos queremos presentar, derivada das peticións realizadas por pais e nais do centro, é  a implantación do UNIFORME entre o alumnado ( con carácter voluntario ). No consello escolar do 09.09.2015 a ANPA puxo enriba da mesa esta proposta que foi acollida con agrado entre os seus membros. Por iso CONVOCAMOS UNHA ASEMBLEA DE PAIS E NAIS ( socios e non socios ) para tratar este asunto e coñecer as vantaxes que esta medida podería ter nas familias:

DATA:  24.09.2015
HORA: 17:30 H ( 1º convocatoria) 18:00 H ( 2º convocatoria )
LUGAR: sala de usos múltiples do Colexio


¡¡ CONTAMOS CON VÓS ¡¡

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24