Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016

CAMBIO DO NÚMERO DE TELÉFONO E FAX DO CENTRO

A Dirección do centro informa que debido a un cambio do servizo de telecomunicacións realizado pola Xunta de Galicia, variaron os números de teléfonos e de fax quedando  a partir de hoxe 23.02.2016 como seguen: NOVO Nº DE TELÉFONO PRINCIPAL:   881930020 NOVO Nº DE FAX ( nestes momentos inactivo): 881930027 Os anteriores  teléfono 981468189 e  fax: 981453705  quedarán inactivos a partires do 25.02.2016.

IMAXES E VIDEOS PASARRÚAS VENRES DE ENTROIDO 2016

Ola familias ¡¡ Por cortesía do cole, aquí podedes ver as imaxes e videos do venres de Entroido 2016. Grazas a todo o profesorado e alumnado por superarse cada ano ¡¡ http://carabeladeares.blogspot.com.es/2016/02/entroido-no-cpi-conde-de-fenosa.html  Un saúdo. A Xunta directiva.

PROCEDEMENTO PARA O CAMBIO DE NOME DO CENTRO

Ola familias¡ No último consello escolar, a dirección do centro retomou unha proposta que xa se puxera enriba da mesa no curso pasado :o cambio do nome do centro para adecualo á realidade sociocultural. Por unanimidade aprobouse establecer o procedemento que permitise mudar o nome facendo partícipe a toda a comunidade educativa. Cando remate este procedemento, convocaráse o concurso para elixir o logotipo do centro, que servirá tamén coma imaxe para o uniforme que, con carácter voluntario, a ANPA pretende implantar o curso que ven. Aquí vos deixamos a información sobre o dito procedemento: A Dirección e o equipo de Dinamización Lingüística formaron unha Comisión para levar a cabo o “ Proceso do cambio do nome do centro escolar ” destinado actualizar o nome e a imaxe representativa do centro vinculándoa á realidade sociocultural na que se atopa. Nunha reunión estableceron as bases para establecer un concurso de ideas. De aí xurdirán 3 nomes, elixidos pola comisión, que serán v

DE NOVO MOITAS GRAZAS ¡¡

Temos que darvos as grazas de novo por acompañarnos na Festa do Entroido do 08.02.2016. Recoñecemos que tiñamos as nosas dúbidas sobre cómo afectaría o cambio de ubicación e o tempo adverso á vosa asistencia, pero coma sempre no nos defraudástedes e xuntamos a máis de 100 nen@s. No seu momento consideramos que o Mosteiro era un espazo ideal para este tipo de xuntanzas, Permite que os nenos recorran o edificio e a súa contorna, coñezan un pouco máis o noso patrimonio ....e poidan estar no exterior dun xeito controlado. Agardarmos que disfrutarádes dunha tarde agradable e que perdoedes os fallos que tivemos. Queremos darlle as grazas tamén aos papis e mamis que nos botaron unha man no reparto da merenda, e na recollida e limpeza do local. Por suposto tamén ao Concello de Ares por permitirnos desenvolver a Festa no Mosteiro e prestarnos o mobiliario. A Juancho, de Santa Compaña.  E ao Casino Aresano, con quen de seguro seguiremos colaborando, por prestarnos o seu local para as

PECHE DO PRAZO DE INSCRICIÓN FESTA DO ENTROIDO 2016

Bo día: Informámosvos de que onte, mércores 03.02.2016, pechamos o prazo de inscrición para a Festa do Entroido... e completamos aforo¡¡ Moitas grazas a tod@s polo voso interese. Agardamos disfrutar dunha boa tarde no marabilloso entorno do Mosteiro de Santa Catalina. Vémonos ¡¡