Entradas

Mostrando entradas de junio, 2016

AVISO UNIFORME

Ola¡ As familias interesadas na adquisición do chándal ( e do resto das prendas que compoñen a proposta de uniforme se queren adquirilas no establecemento de referencia ) terán que acudir a El Baúl de Abuela , na Rúa Real 151 de Ferrol, a facer as reservas correspondentes ANTES DO 15 DE XULLO.   De non facelo, non podemos asegurar que dispoñan de prendas para o mes de setembro. Na asemblea do xoves, á que estaban convocadas todas as familias socias ou non, amosamos a proposta definitiva de prendas e prezos ( podedes consultar a descrición e os prezos no noso Facebook ) ou facendo click nesta ligazón: http://www.slideshare.net/anpadeares/precios-de-referencia-uniforme-basico2 Reiteramos que o uniforme será voluntario e poderá levarse en calquera dos niveis que se imparten no centro ( Infantil, Primaria e Secundaria ). Animádevos ¡¡ De seguro que non vos arrepentiredes. Grazas.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2016-2017 APROBADO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

O DOG do 15.06.2016 publica o calendario escolar para o vindeiro curso: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160615/AnuncioG0164-070616-0007_gl.html Saúdos.

INFORMACIÓN DO CENTRO SOBRE FIN DE CURSO 2015-2016 E IMPRESOS DE SOLICITUDE

Ola familias : Aquí tendes o enlace á web do cole no que informan do fin do curso, así como dos prazos de matrícula ( só para novo alumnado ) e solicitude dos servizos de comedor e transporte: http://www.edu.xunta.es/centros/cpiasmirandas/node/303 Saúdos.

INFORMACIÓN SOBRE BANCO DE LIBROS DE TEXTO 2016/2017

Ola familias¡ Tendo en conta as características do Fondo solidario de libros de texto artellado pola Consellería de Educación, a xunta directiva da ANPA ven de decidir, non crear un banco propio e apoiar o fondo de libros do centro para que este poida dar o servizo completo de préstamo a todas as familias que o soliciten. Por iso, pedímoslle ás familias socias a súa colaboración cedendo ao colexio os manuais de 3º de Primaria en adiante ( os de cursos anteriores non son reutilizables ) . Malia isto, voltamos a manifestar a nosa clara posición a favor da gratuidade dos libros de texto para o alumnado, dentro da aposta por unha educación pública, de calidade e gratuita para tod@s .   Grazas pola vosa colaboración.

CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA ANPA 16-06-2016

Ola familias¡ Aquí podedes ver a convocatoria para a asamblea ordinaria da ANPA prevista para o vindeiro xoves 16 de xuño. O cole repartirá o documento entre o alumnado en breve. NON FALTEDES ¡ Grazas. http://www.slideshare.net/anpadeares/convocatoria-xunta-ordinaria-2016-e-asemblea-pais-uniforme

VERANEARES 2016

Aquí podedes ver o folleto informativo das actividades culturais, lúdicas e deportivas para este verán no Concello de Ares: http://www.concellodeares.com/archivos/convocatorias/FOLLETO_VERANEARES-2016.pdf