Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2016

TALLERES DE HÁBITOS DE ESTUDO E COMPRENSIÓN LECTORA

Ola familia ¡ Seguimos co noso obxectivo de promoción do eido educativo e lúdico d@s nos@s fill@s e agora toca centrármonos na primeira parte,...... Ofrecémosvos dous talleres que nos parecen sumamente interesantes para eles e que complementan á perfección o que aprenden nas aulas: * Taller de hábitos de estudo :  co que o alumnado ( e os seus pais, que asistirán tamén no primeiro e último día do taller ), aprenderán recursos e ferramentas de estudo. Con estes, o alumnado terá unha mellor capacidade para sentar, concentrarse e rentabilizar o tempo que adiquen ao estudo. * Taller de comprensión lectora :  destinado a mellorar a comprensión mediante a lectura, ortografía e caligrafía. Daráse solución aos principais problemas que afronta o alumnado á hora de comprender e razoar todo o que len. A base de toda aprendizaxe é a comprensión, non se pode aprender o que non se comprende . Os talleres impartiráos profesional cualificado do Centro educativo e atención temprana Impron

RESULTADO VOTACIÓN NOVO NOME DO CENTRO

Ola ¡ Reproducimos aquí a nota informativa da dirección do centro en relación co resultado da votación para elixir o novo nome do centro : " Reunida a Comisión para levar a cabo o reconto de votos, neste proceso de cambio de nome do noso centro, informamos á Comunidade Educativa o seguinte: Os resultados son: AS MIRANDAS :  239 VOTOS FONTELIDE: 85 VOTOS PONTE DA CISCADA : 118 VOTOS  2 VOTOS EN BLANCO " A partires de agora o centro seguirá co proceso para realizar ese cambio : C.P.I "AS MIRANDAS" tal como está recollido nas bases inicais.

SUBVENCIÓN EXCURSIÓN 1º E 2º PRIMARIA

Bo día familias ¡ Como sabedes, unha das actuacións que esta ANPA puxo en práctica este curso foi a  de sufragar en todo ou en parte, para o alumnado socio, algunha das excursións organizadas polo centro ( polo de agora, unha ao ano por curso e cun importe de 3,5 € ). Despois de sufragar unha saída para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria , seguimos con 1ª e 2º de Primaria e a saída ao Castro de Elviña prevista para os días 31.03.2016 e 01.04.2016 respectivamente. Por razóns organizativas do centro, este necesita que as familias igualmente envíen polos alumnos a autorización  asinada e os cartos totais correspondentes, esto é os 8,5 €. A partires do día seguinte ao da excursión, e no horario habitual de apertura da oficina, as familias socias poderán pasar a recoller pola nosa oficina os 3,5 € que achega a ANPA. Sabemos que non é a opción máis cómoda, pero polo momento é a única que o centro pode poñer en práctica, como díciamos, por razóns organizativas. Iremos in

VOTACIÓN PARA ELIXIR O NOVO NOME DO CENTRO

Ola familias¡ Tras a deliberación da comisión nomeada polo equipo directivo do centro para elixir as 3 propostas da nova denominación deste, realizaráse a votación correspondente entre toda a comunidade educativa. Aquí podedes consultar as propostas e o desenvolvemento do proceso: http://www.edu.xunta.es/centros/cpicondefenosa/node/285 Animamos a todas as familias a participar nesta votación ¡ Saúdos.

INFORMACIÓN SOBRE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2016/2017

Ola familias ¡ Aquí vos deixamos a información sobre o proceso de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2016/2017. http://www.edu.xunta.es/centros/cpicondefenosa/node/284 Saúdos.