Entradas

Mostrando entradas de abril, 2012

Calendario completo das 2as Xornadas de Seguridade Vial

Imagen
As segundas xornadas de seguridade vial se celebrarán co seguinte calendario: CHARLAS TEÓRICAS Días 24 e 25 de abril , para 1º e 2º de ESO. Días 26 e 27 de abril , para 5º e 6º de Primaria. O día 27, venres, a Policía Local e Protección Civil levarán os seus vehículos ó patio do colexio, dende as 10 ata as 13h, para amosar o seu equipamento e que os rapaces poidan velos por dentro. PARTE PRÁCTICA Día 30 de abril , 1º e 2º da ESO irán ó circuíto de Barallobre e tamén visitarán o Museo do Humor de Fene. Día 28 de maio , farán o mesmo 5º e 6º de Primaria. Estas actividades son totalmente gratuítas e se realizarán dentro do horario escolar. Agardamos que os participantes se divirtan e aprendan a importancia da seguridade vial na evitación de accidentes.
Hoy darán comienzo las 2ª Jornadas sobre Seguridad Vial