Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2016

PROCLAMACION DE MEMBROS ELECTOS CONSELLO ESCOLAR

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiasmirandas/system/files/Acta%20xunta%20electoral%2029.11.16.pdf Grazas pola vosa implicación e participación.

ACTIVIDADE DE CONCILIACIÓN NADAL 2016 ( HORARIOS E PREZOS )

Imagen
http://www.slideshare.net/anpadeares/ludoteca-nadal-prezos

ACTOS DOS CONCELLOS DA COMARCA NO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

Imagen
DIFERENTES ACTOS ORGANIZADOS POLOS CONCELLOS DA COMARCA NESTE DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: http://www.concellodeares.com/amplianota.php?cod=1903 http://www.concellodemugardos.gal/…/d-eliminaci-n-violencia… ...       http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/novas/25n-actividades-en-negro-contra-a-violencia

ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN NAS VACACIÓNS DE NADAL

Bo día : Este ano por primeira vez e tendo en conta que a maioría das veces os papás/mamás non podemos dispoñer dos mesmos períodos vacacionais que o alumnado, a ANPA quere facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias nas vacacións escolares do NADAL, polo que en breve vos informaremos dos horarios e prezos da actividade de ludoteca para esas datas ( do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, ambos inclusive ). Se algunha familia xa estivese interesada no servizo, pode comunicárnolo, pois así, dependendo da previsión de alumnado interesado, poderiamos axustar moito mellor os prezos e os horarios . Contamos coa estimabl e colaboración da dirección do colexio quen nos facilita o uso dalgunha das instalacións para desenvolver esta actividade. Grazas.

AXUDA PARA AS SAÍDAS ESCOLARES CURSO 2016/2017

Bo día familias ¡ Continuando coa actuación do pasado curso este curso a ANPA tamén sufragará ao alumnado socio parte dunha das saídas organizadas polo centro. Comezaremos coa  saída que o alumnado de 1º, 2º,3º e 4º de Educación Primaria fará o día 2 de decembro á Coruña. Neste caso, a ANPA aboarálle aos socios que asistan o importe de 4 € Máis, por razóns organizativas do centro, este necesita que as familias igualmente envíen polos alumnos a autorización  asinada e os cartos totais  correspondentes . A partires do día seguinte ao da excursión , as familias socias poderán pasar a recoller pola nosa oficina o importe referido ( no horaria habitual, mércores de 17 a 18, se habilitamos outro día a maiores volo comunicaremos ). Sabemos que non é a opción máis cómoda, pero polo momento é a única que o centro pode poñer en práctica, como dicíamos, por razóns organizativas. O grupo de Educación Infantil terá esta pequena axuda para a saída de fin de curso, como tamén sucederá con

COMUNICADO DA CONFAPA SOBRE FOLGA ESTUDIANTIL 24 DE NOVEMBRO

Imagen
    " NOTA INFORMATIVA DA FEDAPAS Ante a folga do día 24 de novembro convocada polo sindicato de Estudantes (SE) e outras organizacións estudantís, a Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos dá Coruña     COMUNICA:   Que a nosa Federación non chama á folga nesta ocasión por considerar que, tras o éxito e consecuencias da nosa mobilización (baleirado de aulas por parte do alumnado e apoio das familias) do pasado 26 de Outubro ; e despois do acordo adoptado no Congreso sobre as Reválidas e a LOMCE, entendemos que debemos dar un prazo e deixar traballar ás Institucións (Parlamento, Conferencia Sectorial, Consello Escolar do Estado., etc), que asumiron xestionar as demandas que solicitamos o pasado día 26; advertindo que estaremos moi atentos a que sexan atendidas , e sen renunciar a convocar outras mobilizacións no futuro, se é que as circunstancias o requiren. Saúdos "      

CANDIDATOS AO CONSELLO ESCOLAR

Agradecemos a todos los candidatos o seu interese e disposición para formar parte do órgano colexiado de maior importancia do cole...e ao resto quédanos participar nas votacións do vindeiro 28 de novembro. Non faltedes ¡¡ http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiasmirandas/system/files/Acta%202%C2%AA%20reuni%C3%B3n%20Xunta%20Electoral.pdf

SESIÓN INFORMATIVA REVÁLIDAS LOMCE

Imagen
XA TEMOS CONFIRMADA A SESIÓN INFORMATIVA SOBRE AS REVÁLIDAS LOMCE ( Primaria e Secundaria ) DATA:MÉRCORES 30 DE NOVEMBRO HORA : 17:30 H LUGAR: SALA DE USOS MÚLTIPLES DO COLE ... PONENTES : HELENA GÓMEZ VECINO, presidenta de CONFAPA Galicia LOIS UXÍO TABOADA ARRIBE, membro de CONFAPA Galicia e vogal de Galicia na CEAPA. Tendo en conta a importancia do asunto, animamos a todas as familias a asistir a esta sesión, na que se porá enriba da mesa a orixe, finalidade e procedemento destas Reválidas ademáis de poder aclarar, na medida do posible, as dúbidas que teñades sobre elas. Grazas.  

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016- DATAS CLAVE

¡¡ANIMAMOS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A PARTICIPAR ¡¡ Sobre todo ás nais e pais e ao alumnado toda vez que no Consello Escolar actual non hai representantes destes últimos e só están cubertas 2 das 3 prazas destinadas ás familias. http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiasmirandas/node/320 ACONTECEMENTO DATA e HORA LUGAR PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS Do 8 ao 1 7 de novembro ata ás 11:00h, ambos os dous inclusives Oficinas administrativas ADMISIÓN DE CANDIDATURAS POLA XUNTA ELECTORAL E SORTEO DE MESAS ELECTORAIS O 1 7 de novembro ás 13:00 h.   Dirección do centro VOTACIÓN ALUMNADO O 2 8 de novembro no primeiro recreo Na entrada do edificio administrativo VOTACIÓN PROFESORADO O 2 8 de novembro Claustro extraordinario VOTACIÓN DO PERSOAL NON DOCENTE O 2 8 de novembro ás 13:00h. Na entrada do edificio administrativo VOTACIÓN DAS FAMILIAS O 2 8 de novembro de 16:30 ás 18:30h. Na entrada do edificio administrativo PROCLA

ACTA DO SORTEO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL- ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiasmirandas/system/files/Acta%20sorteo%20p%C3%BAblico%20para%20Constituci%C3%B3n%20da%20Xunta%20Electoral.pdf