INFORMACIÓN SOBRE BANCO DE LIBROS DE TEXTO 2016/2017


Ola familias¡

Tendo en conta as características do Fondo solidario de libros de texto artellado pola Consellería de Educación, a xunta directiva da ANPA ven de decidir, non crear un banco propio e apoiar o fondo de libros do centro para que este poida dar o servizo completo de préstamo a todas as familias que o soliciten. Por iso, pedímoslle ás familias socias a súa colaboración cedendo ao colexio os manuais de 3º de Primaria en adiante ( os de cursos anteriores non son reutilizables ) .

Malia isto, voltamos a manifestar a nosa clara posición a favor da gratuidade dos libros de texto para o alumnado, dentro da aposta por unha educación pública, de calidade e gratuita para tod@s .
 
Grazas pola vosa colaboración.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24