Entradas

Mostrando entradas de junio, 2017

CALENDARIO ESCOLAR 2017/2018

CALENDARIO ESCOLAR 2017/2018: Hoxe sae publicado o calendario escolar para o curso escolar 2017/2018 Comezo clases : ... Infantil e Primaria: 11 de setembro ESO : 15 de setembro Remate clases : Infantil e Primaria : 21 de xuño ESO : 21 de xuño Vacacións : 1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2017 ata o día 7 de xaneiro de 2018, ambos inclusive. 2. Entroido: días 12, 13 e 14 de febreiro de 2018. 3. Semana Santa: desde o día 24 de marzo ata o 2 de abril de 2018, ambos inclusive. + días non lectivos autonómicos, locais e de elección do centro. http://www.xunta.gal/…/201…/AnuncioG0164-150617-0001_gl.html

FOLLETO DE ACTIVIDADES CULTURAIS DE DEPORTIVAS VERANEARES 2017

https://drive.google.com/file/d/0B-rC1Mvvhg_xVlVscjlTX21rWHM/view

FIN DE CURSO E MATRICULAS E SERVIZOS COMEDOR E TRANSPORTE 2017/2018

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiasmirandas/node/355

PREINSCRICIÓN SERVIZO MADRUGADORES-ALMORZARES 2017-2018

Bo día ¡ Para poder programar o servizo de conciliación de ALMORZARES para o vindeiro curso 2017-2018, toda vez que queremos que o seu inicio coincida co primeiro día de clase, solicitamos ás familias que teñan previsto utilizalo de xeito habitual que nolo comuniquen para facer a previsión correspondente. Prevemos que as condicións de horario e custe do servizo serán as mesmas que as deste ( podedes consultalas no regulamento que está colgado en entradas anteriores ). Podedes facelo por mail ( anpadeares@gmail.com), por whatsaap ao número da ANPA ( 618 383083 ), chamando a ese mesmo número polas tardes ou na oficina os mércores de 17 a 18. Moitas grazas.

SUBVENCIÓN SAÍDAS 5º E 6º PRIMARIA E EDUCACIÓN INFANTIL

SUBVENCIÓN PARA AS SAÍDAS DE 5º E 6º DE PRIMARIA E EDUCACIÓN INFANTIL: Esta semana saen de excursión estes cursos polo que o vindeiro mércores día 14 de xuño, de 17 a 18 h. estaremos na oficina para que poidades recoller o importe de 4 euros que acordou aportar a ANPA nunha das saídas por curso. Grazas.

FESTA FIN DO CURSO 2016/2017

O VINDEIRO 22 DE XUÑO A ANPA ORGANIZA A XORNADA DE CELEBRACIÓN DA FIN DO CURSO 2016/2017: Dentro do horario escolar ( das 10:30 ás 13:30 ) TODO o alumnado do centro poderá aprender e desfrutar na pista exterior do cole de actividades e tallares de maxia, malabares, pompas de xabón, xogos tradicionais, do pesca-pica, cama elástica, hinchable,..... De seguro que non esquecerán esta despedida¡

NOVA XUNTA DIRECTIVA

Ola familias ¡ Moitas grazas por asistir á asemblea ordinaria de onte. Aos que nos puidestes ir informámosvos de que dende hoxe hai nova xunta directiva que está composta por: Presidenta : Carmen Martínez Barbeito Tesoureira: Araceli Ortube Varela Secretaria: Elena Vidal Cabada Vogal 1 : Ana Brage Vogal 2 : Ana Santín A anterior xunta directiva seguirá axudándolles ata fin de curso. Desexámoslles moita sorte e mil grazas por ofrecerse como relevo. E ás familias agradecémoslles a súa colaboración e agardamos que o noso traballo fose do voso agrado, fixémolo o millor que puidemos e soubemos...pero ninguén e perfecto así que tamén vos pedimos desculpas polos erros cometidos, non intencionados dende logo. A xunta directiva saínte.