Entradas

Mostrando entradas de enero, 2017

COLABORACIÓN #UNCURAPARAADRI

Imagen
Como acordamos na última asemblea a ANPA, como non podía ser doutro xeito, tamén quere continuar colaborando coa causa # UnacuraparaAdri . Ímolo facer de dúas maneiras : * Transferindo á conta solidaria a cantidade de 408 € en metálico,representando unha doazón de 2 € por cada un dos 204 nen@s actuais da ANPA ( hoxe fixemos a transferencia como podedes comprobar nesta foto ). . * Aproveitando o baile de entroido que celebraremos na tarde do 27 de febreiro para instalar un espazo de venda das camisetas solidarias que a familia e amigos están a distribuir e por suposto a hucha solidaria. Estamos en contacto coa familia e colaboradores para poder poñer á venda o maior número de produtos posibles e acadar así unha recadación complementaria. Por suposto sobre dicirvos a todas as familias socias que con esta medida demostrades unha vez máis que tamén tendes un enorme # cromosomamolón e que entre todos imos a acadar que SúperAdri teña a súa merecida investigación e tratamento. G

ACLARACIÓN SOBRE PAGOS PENDENTES

ACLARACIÓN SOBRE PAGOS PENDENTES:   Nesta semana a través do grupo de Whatsapp de socios remitimos, como facemos mensualmente, o recordatorio das datas de pagamento das actividades que organizamos. Sentimos ser tan pesadas con este tema, pero as empresas que as imparten pasan as facturas mensualmente e hai que ter fondos suficientes para poder facer fronte ao seu pago.     Como novidade facíamos mención ao feito de que algunhas familias abonaran a mensualidade de xaneiro, pero tiñan pendente a de decembro ( coas vacacións do Nadal non é raro o despiste). Por iso vos pedíamos que revisárades os vosos pagos ( tiques )por se houbese algún despiste e poder regularizar a situación.   Xa vos indicábamos na mesma mensaxe que no pavillón non teñen datos sobre a contabilidade da ANPA ( máis alá dalgunha listaxe interna que leven eles para o seu propio control de pagos recibidos alí pero que non recolle o resto de pagos en oficina e banco ) polo que vos cobran o mes corrente

PETICIÓN URXENTE - ABRIGO REFUXIADOS

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiasmirandas/node/324

COMUNICADO FEDAPAS FOLGA 09-03-2017

http://www.slideshare.net/anpadeares/17-0119-comunicado-folga-9-de-marzo

CONVOCATORIA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE SOCIOS

CONVOCATORIA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE SOCIOS http://www.slideshare.net/anpadeares/convocatoria-xunta-extraordinaria-2017 ESPERAMOS CONTAR COA VOSA PRESENZA.

XORNADA SOBRE ACOSO ESCOLAR, CIBERACOSO E USO DAS NOVAS TECNOLOXIAS

Imagen

AVISO PARA FAMILIAS DO ALUMNADO DA ACTIVIDADE NENOOS

AVISO PARA AS MAMIS E PAPIS DE NEN@S INSCRITOS NA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE NENOOS: O vindeiro luns día 30 de xaneiro celebraremos unha xornada de portas abertas na actividade, na que os pais e nais poderán observar cómo se desenvolve a clase, comprobar a evolución do alumnado e recibir un informe de resultado personalizado do primeiro cuatrimestre.