Entradas

Mostrando entradas de abril, 2016

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2016/2017

http://www.edu.xunta.es/centros/cpicondefenosa/system/files/Listado%20provisional%20de%20admitidos.pdf

PUBLICADAS AS INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DA REVÁLIDA 3º E 6º `P

Aquí podedes descargar a Resolución do 18.04.2016 da Consellería de Educación pola que se ditan as instrucións: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160426/AnuncioG0164-210416-0003_gl.html

SUBVENCIÓN SAÍDA EDUCACIÓN INFANTIL

Ola ¡¡ Damos resposta á consulta que algunhas familias nos  formularon sobre se a ANPA subvencionaría a saída que os grupos de Infantil teñen prevista para os días 28 e 29 de abril. Como todavía falta a excursión de fin de curso para este ciclo, na que saen todos os grupos o mesmo día ( aínda está sen concretar a data), a ANPA decidiou subvencionar esta última. A autorización que teredes que asinar para a esa saída reflictirá a mención a esta subvención. Cando teñamos os datos informarémosvos Saúdos. A xunta directiva

SUBVENCIÓN SAÍDA 3º E 4º ESO

Bo día familias ¡ Como sabedes, unha das actuacións que esta ANPA puxo en práctica este curso foi a  de sufragar en todo ou en parte, para o alumnado socio, algunha das excursións organizadas polo centro ( polo de agora, unha ao ano por curso e cun importe de 3,5 € ). Despois de sufragar unha saída para o alumnado de 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria , seguimos con 3º E 4º da ESO e a saída ao Pazo da Ópera e á Torre de Hércules prevista para o día 22.04.2016. Por razóns organizativas do centro, este necesita que as familias igualmente envíen polos alumnos a autorización  asinada e os cartos totais correspondentes. A partires do día da excursión, e no horario habitual de apertura da oficina, as familias socias poderán pasar a recoller pola nosa oficina os 3,5 € que achega a ANPA. Sabemos que non é a opción máis cómoda, pero polo momento é a única que o centro pode poñer en práctica, como díciamos, por razóns organizativas. Iremos informándovos das excursións subvenciona

CONCURSO " DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE"

Imagen
Ola¡ A Anpa Ramón Pimentel en colaboración con centro, organizan o concurso " DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE"  que complementará a renovación da imaxe corporativa do centro, tras a decisión de mudar o seu nome. Ainda que se repartirá a circular a todo o alumnado, aquí podedes descargar as bases do concurso e a folla de inscrición. http://www.slideshare.net/anpadeares/concurso-logotipo-definitivo Animámosvos a todas as familias a participar e poder así amosar as vosas dotes artísticas.... Colabora: Deputación da Coruña Saúdos. A xunta directiva

UNIFORME VOLUNTARIO PARA O CURSO 2016/2017

Ola familias : Como xa vos informamos, tendo en conta o resultado da enquisa sobre a aceptación do uniforme voluntario no colexio  que fixemos ao comezo do curso,  estamos traballando na procura e selección das mellores opcións ( económicas , de disponibilidade e continuidade ) para a  súa implantación  no vindeiro curso escolar 2016/2017. Se todo vai segundo o previsto, a finais do mes de maio poderemos ter  confeccionada xa unha mostra do chándal personalizado para o noso cole. Ademais teremos tamén as propostas do resto do uniforme . Polo tanto, a principios do mes de xuño, convocaremos unha asamblea para que todas as familias poidades ver ( e tocar ) as prendas, coñecer os seus prezos e poder así valorar a conveniencia desta medida. Continuaremos informándovos ¡¡ Saúdos .  

NOTA INFORMATIVA REVÁLIDA DE 6º PRIMARIA

Ola¡ Atendendo á petición da Confapa Galicia, á que esta ANPA está adherida, achegamos información sobre as medidas que a comunidade educativa pode adoptar en relación á proba da Reválida de 6º de Primaria que recolle a LOMCE. Saúdos. http://www.slideshare.net/anpadeares/a-rev6-presentacion-confapa

CAMPAMENTOS XUVENÍS XUNTA CAMPAÑA VERÁN 2016

Ola familias ¡ Recén publicouse no DOG a orde da Consellería de Política Social pola que se convocan prazas para os campamentos xuvenís do verán 2016. Están destinados aos menores nados entre os anos 1998 e 2007 ( ambos inclusive, sempre e cando á data do inicio do campamento solicitado, non se teñan cumpridos xa os 18 ou xa se cumpriran os 9 anos, respectivamente ). O prazo de solicitude comeza mañá 9 de abril e remata o 23 de abril ( 15 días naturais ). Aquí vos deixamos toda a información http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160408/AnuncioG0425-010416-0002_gl.pdf www.xuventude.net Saúdos.