Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2016

SUBVENCIÓN EXCURSIÓNS PARA 3º E 4º PRIMARIA E TODO O CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día familias ¡ Como sabedes, unha das actuacións que esta ANPA puxo en práctica este curso foi a  de sufragar en todo ou en parte, para o alumnado socio, algunha das excursións organizadas polo centro ( polo de agora, unha ao ano por curso e cun importe de 3,5 € ). Despois de sufragar unha saída para o alumnado de 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 3º E 4º da ESO , seguimos con os tres cursos de Infantil e 3º e 4º de Primaria e as saídas que farán o 08.06.2016 á Granxa-Escola de Ortigueira e o  03.06.2016 a Ferrol ( Sociedade de Historia Natural ) respectivamente. Por razóns organizativas do centro, este necesita que as familias igualmente envíen polos alumnos a autorización  asinada e os cartos totais correspondentes. A partires do día da excursión, e no horario habitual de apertura da oficina ( mércores 17:00 a 18:00 ), as familias socias poderán pasar a recoller pola nosa oficina os 3,5 € que achega a ANPA. Sabemos que non é a opción máis cómoda, pero polo mom

SERVIZO DE EDUCAMAÑÁS-ALMORZARES PARA O VINDEIRO CURSO 2016/2017

Bo día ¡ Para poder programar o servizo de conciliación de Educamañás-Almorzares o vindeiro curso, toda vez que queremos que o seu inicio coincida co primeiro día de clase, solicitamos ás familias que teñan previsto utilizalo de xeito habitual que nolo comuniquen para facer a previsión correspondente. Moitas grazas. http://www.slideshare.net/anpadeares/regulamento-de-funcionamento-do-servizo-de-almorzo-na-escola A xunta directiva.

QUEREMOS SABER A VOSA OPINIÓN E PROPOSTAS PARA O CURSO QUE VEN

Ola a tod@s ¡ Aínda non rematamos con este e xa estamos programando o vindeiro curso escolar porque non queremos que nos pille o touro ... Así que necesitamos a vosa participación para que opinedes e nos propoñades actividades que vos gustaría que a ANPA organizase a partires do mes de outubro. Poden ser propostas de actividades extraescolares, talleres puntuais,....   Estaremos encantados de valoralas e, na medida das nosas posibilidades, poñelas en práctica tendo en conta criterios de competencia, disponibilidade de  horarios, espazo e ....cartos claro ¡.   As propostas podedes envialas por mail ( anpadeares@gmail.com ), por whatsapp privado ( 618383083 ) , mensaxe no Facebook,  depositalas no buzón da entrada, ......   Agradaríanos moito sobre todo que as familias do alumnado da ESO (  ou o propio alumnado )  fixera as súas aportacións porque son un colectivo ao que non nos está sendo fácil chegar e convencel@s  para participar nas nosas actividades.   Animáde

XA TEMOS LOGO GAÑADOR ¡¡¡

Imagen
Boas tardes ¡¡ Tras as votacións do día de hoxe coas que toda a comunidade educativa elixía o logo identificativo do noso cole,  damos os resultados de seguido: 1º CLASIFICADO,  CON 294 VOTOS : MARTIN FERNANDEZ HERMIDA ( 6º PRIMARIA ) 2º CLASIFICADA,  CON 101 VOTOS:  ROCIO ANCA GUERRERO ( 3º ESO ) 3º CLASIFICADA,  CON 48 VOTOS : ANA MARTINEZ FERNANDEZ ( 4º ESO ) 2 VOTOS EN BRANCO NORABOA MARTÍN¡¡¡ ES O AUTOR DO LOGOTIPO GAÑADOR Moitas grazas a todos por participar tanto nas propostas como nas votacións, a partires de agora o cole utilizará este logo coma imaxe identificativa do centro, e nós incluirémolo grabado no uniforme do colexio. En breve, faremos entrega a Martín do premio do concurso ademáis de recoñecer tamén o traballo de Rocío e Ana cun pequeno detalle. Saúdos. A xunta directiva Colabora ; Deputación da Coruña

TARDE DIVERTIDA¡¡ ALUMNADO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2015-2016

Ola familias ¡   Lembrámosvos que, como cada ano, as actividades extraescolares organizadas pola ANPA rematan o 31.05.2016 ( agás Educamañás – Almorzares e Piscina   que rematan o mesmo día que o curso escolar, o 22.06.2016 ).   Como novidade este curso queremos celebrar o seu remate cunha TARDE DIVERTIDA na que o alumnado inscrito en calquera das 5 actividades que organizamos   ( Piscina, Almorzares, Art Attack, Cociña e Inglés ) poida exhibir, na medida do posible, o resultado do seu traballo e todos poidamos participar e acompañalos nesa tarefa, acompañados dos seus monitores.   Por exemplo, poderemos ver a exposición dos traballos dos noso peques de Art Attack e participar na elaboración en directo dalguna manualidade ( pregamos ás familias do alumnado de Art Attack que nos fagan chegar os traballos que conserven para poder expoñelos ).   Tamén desfrutaremos das dotes musicais do alumnado de Inglés que nos deleitará con varias cancións nese idioma e  

ATENCIÓN ¡¡ SPOILER ¡¡ PROPOSTA DO UNIFORME PARA O CURSO 2016/2017

Imagen
  Ola familias ¡    Entramos xa na recta final do curso escolar e unha das cousas que temos pendentes é a presentación do uniforme do alumnado para o vindeiro curso.    Malia que a primeiros de xuño convocaremos unha asemblea para amosarvos os modelos/bocetos finais elixidos e poder velos e, na medida do posible,  tocalos,  dámosvos un pequeño avance..... vamos ...o que agora lle chaman facer spoiler .....( xa llo mostramos á dirección do centro quen nos amosou o seu agrado tanto ás propostas  como á conveniencia da súa implantación, sempre con carácter voluntario por suposto).  Ao longo de todo o curso,  estivemos barallando e negociando varias opcións, tentando acadar unha boa relación calidade-prezo, decantándonos por estas propostas, que, ao noso parecer, posúen esa característica . Os prezos marcados correspóndense cos PVP das prendas na tenda que terá á venda o chándal oficial: El baúl de la Abuela ( Carsip ) na Rúa Real de Ferrol quen,  ao ser tamén f

FINALISTAS CONCURSO " DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE"

Imagen
Ola familias¡ Como establecían as bases do concurso, a comisión seleccionadora reuniuse esta mañá para elixir as 3 propostas finalistas. Aquí tendes as 3 opcións coas súas correspondentes explicacións para que poidades examinalas e elixir a vosa favorita para a votación do vindeiro mércores 25 de maio de 16:30 a 18:00 h na oficina da ANPA ( o alumnado votará pola mañá ). Queremos agradecer ao alumnado, ás súas familias e ao profesorado a participación neste certame ao que se presentaron 24 propostas, ¡¡ todo un éxito ¡¡ Agora só queda elixir o que será a imaxe corporativa do noso cole así que .... ESPERÁMOSVOS O MÉRCORES ¡¡ Moitas grazas. A xunta directiva.                                                                         LOGO 1 "Tipografía limpa, firme e moderna que, en conxunto coa será que sostén os papeis e lápiz como simboloxía da educación apuntan unha imaxe de progresión e alto nivel educativo e mestura os valores tradicionais coa innovación do

PUBLICADO NO DOG O CAMBIO DE DENOMINACIÓN DO CENTRO

http://www.edu.xunta.es/centros/cpicondefenosa/system/files/Anuncio%20DOG%20CPI%20AS%20MIRANDAS.pdf

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2016/2017

Ola ¡¡ Aquí vos deixamos o enlace á convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso 2016/2017. O prazo ordinario para presentar as solicitudes remata o 23 de xuño. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioG0164-040516-0005_gl.HTML E aquí xa tedes a solicitude para cubrir directamente e imprimila xa cos datos que incorporedes. http://www.xunta.es/formularios/generarPlantillaPDF?conselleria=ED&procedimiento=330B&version=0.0&idioma=gl_ES Saúdos.

SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DURANTE ESTA PONTE

Ola familias¡ Lembrade que mañá venres 13 e o luns 16 non haberá actividades extraescolares da ANPA ao ser díaS non lectivoS. Desfrutade da ponte¡ Saúdos. A xunta directiva

AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA PRESENTAR PROPOSTAS AO CONCURSO : DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE

AMP L IACION DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS CONCURSO : DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE A Anpa Ramón Pimentel do CPI Conde de Fenosa xunto coa dirección do centro, tendo en conta que os días 13,16 e 17 de maio non son lectivos, e para facilitar a presentación de propostas por parte dos membros da comunidade educativa, acordan, en virtude do disposto no punto 6 das bases que rixen o dito concurso, AMPLIAR O PRAZO de presentación de propostas ata o xoves 19.05.2016 ás 15:59 h. O que comunicamos aos efectos oportunos.

SUBVENCIÓN SAÍDA 1º ESO

Bo día familias ¡ Como sabedes, unha das actuacións que esta ANPA puxo en práctica este curso foi a  de sufragar en todo ou en parte, para o alumnado socio, algunha das excursións organizadas polo centro ( polo de agora, unha ao ano por curso e cun importe de 3,5 € ). Despois de sufragar unha saída para o alumnado de 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria e 3º E 4º da ESO , seguimos con 1º da ESO e a saída á Fundación Abanca de Ferrol do pasado 06.05.2016. Por razóns organizativas do centro, este necesita que as familias igualmente envíen polos alumnos a autorización  asinada e os cartos totais correspondentes. A partires do día da excursión, e no horario habitual de apertura da oficina, as familias socias poderán pasar a recoller pola nosa oficina os 3,5 € que achega a ANPA. Sabemos que non é a opción máis cómoda, pero polo momento é a única que o centro pode poñer en práctica, como díciamos, por razóns organizativas. Iremos informándovos das excursións subvencionadas par

COMUNICADO CONFAPA GALICIA REVÁLIDA

Ola familias :   Aquí vos deixamos o comunicado da Confederación de ANPAS de Galicia en relación coas probas de avaliación de 3º e 6º de Primaria :   " CO ROGO DE FACER CHEGAR ÁS  FAMILIAS QUE O PRECISEN.   Prezados compañeiros e compañeiras:   Xunto remito o impreso que temos pefectamente definido para xustificar a ausencia dos nosos fillos e fillas as chamadas probas de 3º e 6º de Educación Primaria, convocadas para este mes de maio pola administración educativa.   Por outra banda, indicarvos que, o vindeiro venres, remitiremosvos unha Declaración-comunicado para darlle a mesma difusión que este xustificante.   Agardamos ao venres porque é a nosa intención que esa Declaración sexa asinada polo conxunto das organizacións máis representativas da comunidade educativa galega, (familias, profesoreado, alumnado), na que, de xeito colectivo, explicaremos as razóns do rexeitamento desas probas e os argumentos que soportan esas razóns.   De