Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2015

ACTIVIDADE INFONADAL CONSUMO 2015

Ola familias ¡ Vai chegando a época de Nadal, e con ela a elección e petición de agasallos polos nosos fillos e fillas, e por iso, a ANPA organiza a actividade educativa " ESCOLLO CON MOITO OLLO " impartida polo persoal da Escola Galega de Consumo  ( http://igc.xunta.es/portal/page?_pageid=93,992577&_dad=portal&_schema=portal ) dentro do Programa Infonadal Consumo 2015  . Desenvolveráse o vindeiro venres 11 de decembro ás 10.00 h no salón de usos múltiples do colexio. Esta actividade vai dirixida a nen@s de entre 8 e 12 anos e consiste nunha presentación audiovisual sobre a escolla dos agasallos para reflexionar sobre como a publicidade en xeral e as marcas en particular condicionan as decisións de consumo, que remata cun debate en grupo sobre as alternativas aos agasallos tradicionais. Tras consultalo coa dirección do centro,  a quen lle agradecemos como sempre a súa boa disposición e colaboración, decidiuse por razón organizativas, que asista o alumnado de 3

SUBVENCION EXCURSIÓN 5º E 6º PRIMARIA

Bo día familias ¡ Como sabedes, unha das actuacións que esta ANPA quere comezar a poñer en práctica este curso é a  de sufragar en todo ou en parte, para o alumnado socio, algunha das excursións organizadas polo centro ( polo de agora, unha ao ano por curso ). Comezaremos coa  saída que o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fará os días 1 e 2 de decembro a Fene. Neste caso, a ANPA aboarálle aos socios que asistan o importe total da excursión, esto é, 3,5 € Máis, por razóns organizativas do centro, este necesita que as familias igualmente envíen polos alumnos a autorización  asinada e os cartos correspondentes . A partires do día seguinte ao da excursión, as familias socias poderán pasar a recoller pola nosa oficina o importe referido. Sabemos que non é a opción máis cómoda, pero polo momento é a única que o centro pode poñer en práctica, como díciamos, por razóns organizativas. Ao longo do curso, iremos informándovos das excursións subvencionadas para o resto dos nive

FESTA DOS OSCAR PARA ALUMNADO DA ESO

Bo día familias : Atendendo a unha reivindicación "histórica", este ano, ademáis de por en práctica outras actuacións como banco de libros, subvencións de excursións,.... queremos ofrecerlle ao alumnado da ESO unha actividade lúdico/cultural axeitada á súa idade. Por iso o vindeiro 04.12.2015 celebraremos a FESTA DOS OSCAR no pub Golden ( Ánxeles 83 ): música, baile, cóctel, pinchos,..... Os asistentes poderán caracterizarse como a súa personaxe  cinematográfica preferida ( ou odiada,... ) e para poder acceder ao local, no lugar da invitación que os actores teñen que amosar á entrada das Galas, o alumnado deberá entregarnos unha pequena reseña sobre o actor/personaxe elixido ( filmografía, orixe, curiosidades,...). Haberá que acadar 50 inscricións para poder celebrar a festa , polo que esperamos contar coa vosa asistencia. O prazo límite para inscribirse será o venres 27.11.2015 . Debido ás características da actividade , é necesaria a autorización de asistencia a

MOITAS GRAZAS ¡¡

Ola familias ¡ Queremos darvos as grazas ás familias por acompañarnos o pasado sábado na celebración do Samaín/Halloween. Agardamos que os/as pequenos/as disfrutaran dunha tarde divertida e que quedasen con ganas de máis,.... Nós fixemos todo o que puidemos para que así fose, máis como sabemos que todo é mellorable, agradeceríamos que nos comentásedes as vosas impresións para poder  subsanar os erros cometidos e/ou poder poñer en prácticas novas propostas . Por último queremos agradecerlles a Juancho, da empresa de eventos Santa Compaña, e ao Concello de Ares a súa colaboración na cesión e preparación do pavillón polideportivo. Mil grazas ¡¡ A xunta directiva.