Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2015

ESTABLECEMENTOS COLABORADORES 2015-2016

Ola familias ¡ Como dicía aquel : " A cabeza non para...¡¡" e nós tampouco paramos de argallar....neste caso, por unha banda, intentando axudar á economía das nosas familias e por outra intentando fomentar o comercio de proximidade, sobre todo cara a estas datas navideñas. Hoxe vos presentamos a listaxe de ESTABLECEMENTOS COLABORADORES DA ANPA para este curso. En todos eles, amosando o voso carnet de socio, poderedes obter unha serie de descontos nos produtos ou servizos que ofrecen. Por iso se algunha familia carece do carnet, ou non o ten selado para este curso, pode achegarse a oficina a cumplimentar este trámite. VER LISTAXE AQUÍ: http://es.slideshare.net/anpadeares/establecementos-colaboradores-2 Queremos dar as grazas a todos e cada un dos establecementos que figuran na listaxe por atender a nosa petición e botarnos unha man. Agardamos  que a vosa resposta sexa tamén positiva e os nosos veciños comerciantes noten que o seu esforzo é recompensado..... Saúdos.

ATENCIÓN FAMILIAS DO ALUMNADO DE 5º E 6º PRIMARIA

Atención  familias de alumnos de 5º e 6º de Primaria¡ Lembrámosvos que a partires de hoxe mércores, día 2, podedes pasar a recoller pola oficina ( no seu horario habitual) o importe de 3,5 € correspondente á saída que o alumnado destes niveis fixo a Fene que que constitúe a primeira excursión subvencionada pola ANPA deste curso. Teredes que asinar na listaxe de entrega cando o recollades, polo que si algunha familia non pode vir, e quere que lle entreguemos o importe ao seu fill@, deberá contactar con nós por teléfono, mail ou wass para autorizal@. Moitas grazas¡ A xunta directiva. Nota: a data límite para recoller o importe da excursión será o mércores 16 de decembro.