INSUFICIENCIA DE PRAZAS SERVIZO COMEDOR 2015-2016

Bo día a tod@s:

Como de seguro ninguén é alleo á problemática xurdida nesta semana co servizo de comedor do colexio para este curso, informámovos de que a ANPA, tras tratalo coa dirección do centro, acaba de rexistrar o escrito no que lle reclamamos á Xefatura Territorial de Educación a ampliación das prazas de comedor para poder dar cobertura a todas as solicitudes presentadas que non acadaron praza coa baremación ordenada pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación na Instrucción 1/2015 .

Nese mesmo escrito, lles indicamos que un xeito para paliar esta insuficiencia de prazas sería tamén o establecemento dunha liña de transporte que recollese ao alumnado que sendo usuario deste, non necesite comedor..... petición que nos fixeron chegar moitas familias.

Agardamos que esta petición, á que se engadirá a que a dirección do centro tamén vai facer, se vexa atendida, e todas as familias poidan acceder a un servizo que entendemos prioritario.

Seguiremos informándovos ...

A xunta directiva.

SOLICITUDE AMPLIACION PRAZAS COMEDOR 2015-2016

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24