PISCINA - NOVA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR

Moi boas :

Xa temos confirmados os horarios nos que se poderían impartir os cursos na pisicina do Complexo Acuático do Castro ( Franza ) para o alumnado socio da ANPA que teña entre 4 e 12 anos, ambos inclusive.

Os grupos deberán ter un mínimo de 10 alumnos e o prezo por alumno será de 10 euros/mes.

Os horarios dispoñibles son :

MARTES :  16:15 a 17:00
XOVES :    16:15 A 17:00
VENRES : 16:15 A 17:00

Se estades interesados,  formalizade a inscrición nun formulario normal ( podedes atopalos nas entradas anteriores ), indicando a preferencia de día. Mais, unha vez que recibamos as solicitudes, no caso de non acadar o número mínimo de alumnos para os tres grupos, decidiráse cal dos días se impartirá tendo en conta o de maior demanda e as idades dos solicitantes.

Grazas.

A xunta directiva.


Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24