MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACION¡¡

Moi boas familias ¡

Dende a xunta directiva queremos darvos as GRAZAS a todos os país e nais que vos achegastes á asamblea de onte e aos que, aínda non podendo facelo, manifestastes por outros medios as vosas posturas en relación cos asuntos tratados.

Temos que dicir que a de onte foi unha das asembleas máis numerosas dos últimos anos, o que nos ven a demostrar que as familias queredes participar, propoñendo e opinando sobre a vida educativa d@s nos@s fill@s.

Tomamos boa conta de todo o falado onte e seguiremos a traballar nas novas e vellas propostas.

Para as familias que non puideron asistir á asamblea, aquí vai un pequeno resumo das decisións, propostas e opinións :

PROPOSTAS DA ANPA :

* seguimento á solicitude  realizada pola ANPA e o Centro de ampliación de prazas do comedor para este mesmo curso.

* seguimento á solicitude  realizada pola ANPA  sobre o establecemento de liña de autobús ao remate do horario lectivo.

* subvención a socios da ANPA do importe dunha das excursións escolares deste curso.

* ampliación da oferta de actividades para este curso : 
inglés, inglés conversación, manualidades creativas ( Art Attack ), cociña e repostería creativa, educamañá almorzares..

Estamos traballando na inclusión de CURSO DE NATACIÓN no Complexo Acuático do Castro ( Franza ). 1 hora á semana : 9-10 € / mes.

* comezar a traballar coa posibilidade de creación dun Banco de Libros para o curso que ven.

* seguimento do asunto da compra do cuadernillo + ábaco para 1ª e 2º de Primaria.

* en relación co asunto do establecemento do uniforme ( con carácter voluntario ) unha vez que a directiva e as familias expuxeron as súas visións sobre esta proposta, recolléronse os votos dos asistentes á asamblea que se engadirán aos que se reciban a través do correo electrónico anpadeares@gmail.com e no buzón da asociación. ´
Aïnda estades a tempo facernos chegar o voso voto ¡¡
 
A idea formulada é a de establecer un modelo de uniforme de cores básicas ( gris/ azul marino/branco ) que cada familia poida adquirir ao prezo máis económico posible en calquera establecemento ou hipermercado : falda ( dende 12 € ), pantalón para nenas e nenos ( dende 13 € ), polo ( dende 3,50 € ) e xersei ( dende 8 € ) .
 
Durante este curso, no caso de obter na votación un respaldo mayoritario, barallamos a posibilidade de convocar un concurso entre o alumnado para obter o deseño do escudo do Colexio. Cremos que esta medida implicaría un pouco máis aos nen@s que se irían familiarizando coa idea.

Irémovos contando algo mais en breve ¡¡

PROPOSTAS DAS FAMILIAS : 
 
* Posibilidade de ampliar o rango de idade para a actividade de COCIÑA E REPOSTERÍA CREATIVA para o alumnado da ESO.

* Consultar/propoñer a dirección a posibilidade de mellorar a forma de saída do alumnado do centro tras o servizo de comedor, para evitar que, por exemplo, o alumnado de Infantil en días de chovia se molle.

* Consultar á dirección o motivo de que aínda subministrando 500 folios por alumno, na ESO teñen que pagar polas fotocopias do temario.

¿ QUERES APOIARNOS ? FAITE SOCIO E PARTICIPA¡¡

A xunta directiva

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24