COMEZA O NOVO CURSO ¡¡¡

Xa está aquí ¡¡ Xa chegou¡¡ Aínda estamos a quitar as areas da praia e xa temos que facer de novo a mochila...

Mañá ás 11:00 h da comezo o novo curso escolar 2015/2016 e a nova xunta directiva da ANPA Ramón Pimentel do Conde de Fenosa quere darvos a benvida.

Como todos os anos, seguiremos intentando que a vida educativa dos nosos fillos e fillas mellore e para iso necesitamos que todos vos impliquedes un pouquiño, por exemplo, facéndovos socios e dándolle máis forza á asociación.

Seguiremos colaborando coa dirección do centro en todo o que estea nas nosas mans e pedirémoslle que intenten facer o mesmo connosco.

Trataremos tamén de ofrecervos actividades culturais, deportivas e lúdicas atractivas para a aprendizaxe e diversións dos nosos/as nenos/as, para as que xa podedes comezar a facer propostas ¡¡¡ 

Encantaríanos que nos manifestárades as vosas preferencias neste ámbito, así como outras peticións que vos resulten de interés, estudiarémolas todas con moito cariño e faremos o posible para poder satisfacelas. 

Nós xa temos varias propostas novidosas enriba de mesa .... en  breve volas contaremos para coñecer a vosa opinión.

Para contactar con nós podedes facelo :

* a través do teléfono da ANPA: 618 383 083
* por correo electrónico : anpadeares@gmail.com
* a través do noso Facebook Anpa Ramón Pimentel 
* na oficina en horario : setembro os luns de 09:30 a 10:15 e os mércores de 17:30 a 18:30
                                       outubro en adiante mércores de 17:30 a 18:30

Estamos á vosa disposición para calquera dúbida que vos xurda no comezo deste novo curso.

Ánimo e sorte ¡

A xunta directiva 




Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24