INFORMACIÓN IMPORTANTE!!!! ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2022 - 2023

Boas tardes familias,

Un ano máis, a ANPA pon á vosa disposición diversas actividades extraescolares para os vosos fillos das que poderán desfrutar a partir da primeira semana do próximo mes de outubro.

IMPORTANTE!! A admisión nas actividades ofertadas será por rigurosa orde de chegada das solicitudes recibidas no correo electrónico da ANPA, anpadeares@gmail.com, debendo adxuntar a ficha correspondente cuberta, que poderedes descargar máis abaixo nesta entrada do blogue, na páxina web do colexio ou recollelas de forma física na oficina administrativa do centro.

O prazo de inscrición comezará o próximo MÉRCORES 21 DE SETEMBRO ÁS 16:00H. Calquera solicitudes recibida no correo electrónico da ANPA con anterioridade a dita data e hora, non será tida en conta e quedará automáticamente rexeitada. 

Igual que o pasado ano, tódalas actividades deberán ser pagadas a través do correspondente ingreso en conta (trasferencia ou caixeiro) debido a que, recordade, o pasado curso a Directiva cedeu a súa oficina para destinala a comedor escolar e que o máximo de familias poideran acceder a unha praza.

Desexamos que teñades un bo curso e recordade...O COLE SOMOS TODOS, FAITE SOCIO!!!


FICHA INSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022 - 2023

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24