BENVIDA - ALMORZARES - FACEBOOK

 Prezadas familias,

Un ano máis estamos a piques de comezar o curso escolar. Dende a ANPA queremos desexarvos a todos un bo comenzo e aproveitar para dar a benvida a esas familias que se estrean no cole de "maiores".

O comezo do curso está marcado o próximo día 8 e, como cada ano, a partir do día 9 haberá servizo de Almorzares. Por iso, é moi importante que os usuarios que van facer uso dos almorzos faga a súa prescripción, habendo prazo para facelo ata o próximo luns 5 de setembro remitindo a súa solicitude ó correo electrónico da ANPA: anpadeares@gmail.com.

Tal e como vos informamos na Asamblea Ordinaria de socios celebrada o pasado mes de xuño, as normas es as condicións do servizo foron actualizadas para poder seguir prestando o mesmo, sendo moi importante que as teñades presentes, por iso as adxuntamos nesta entrada do blogue.

Aproveitamos a ocasión para informarvos que temos novo Facebook!! Seguíde a Anpa CPI As Mirandas Ares para estar informados de todas as novas.

Recordade que O COLE SOMOS TODOS!!

Unha aperta e bó comenzo de curso 2022 - 2023

NORMAS USO ALMORZARES

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24