PRESENTACIÓN DA NOVA DIRECTIVA e PREINSCRIPCIÓN ALMORZARES

 Ola a todxs,

Neste último día dun curso tan atípico, desexarvos un verán cheo de saúde e fermosos reencontros (que falla nos fan a todxs). 

Queremos presentar a nova directiva da ANPA, que se compuxo na última asamblea do pasado día 4 de xuño, quedando os cargos seguintes: 

Presidenta: Eiriz Sisto

Secretaria: Tamara Varela

Tesoureira: Verónica Fernández

Vogais: Ana Mª Carnero, María Blanco, Carmen Martínez, Araceli Ortube, Ana Brage, Elena Vidal e Susana Villares

 Aproveitamos tamén  para agradecerlle todo o traballo e tempo prestado a directiva saínte ,tras catro anos ocupando os cargos. Agardamos estar ó mesmo nivel polo menos...

E por último, pero non menos importante, para comenzar a traballar e poder organizar o servizo de ALMORZARES, dende o primeiro día do curso 2021-22, agradeceríamos que tódolos usuarios que teñan previsto precisar deste servizo, fagan unha preinscripción, enviando un mail cos datos da crianza, NOME, APELIDOS E CURSO, o seguinte enderezo, anpadeares@gmail.com .

Sen máis, nos despedimos ata o vindeiro curso.

A directiva.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24