BENVIDA CURSO 2018 / 2019

Ola familias:

 ANPA do CPI As Mirandas  ponse en contacto con vós para darvos á benvida o curso escolar 2018/2019 e presentarvos á nova xunta directiva elixida na asemblea do mes de xuño:

Presidenta: Carmen Martínez  Secretaria: Elena Vidal  Tesoureira: Araceli Ortube  Vogal: Ana Brage            


1.- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:

Tal e como se ven facendo en  cursos pasados, seguiremos ofrecendo actividades culturais, deportivas, lúdicas e de conciliación.

O longo de esta  semana facilitaremos as fichas coas actividades extraexcolares de este curso.

NOTA: no momento da solicitude de inscrición nas actividades poderedes facervos socios se queredes ( terán prioridade nas actividades) 

Ao longo do curso tentaremos desenvolver outras actividades puntuais das que vos iremos dando conta.

 2.- ASÓCIATE :

A Anpa  colabora coa dirección do centro en todo o que entendemos podemos resultar de axuda, pero a asociación non pode facer unha presión efectiva se non ten detrás o respaldo da maior parte dos pais/nais do alumnado do colexio. Pedimos que vos asociedes ( achegamos a ficha de inscrición, cuota anual por familia : 20 euros) e poidades formar parte e respaldar as actuacións que esta xunta directiva xa está programando e desenvolvendo, así como formular as propostas que consideredes oportunas sobre calquera ámbito da vida educativa do noso centro.

Ademáis as familias socias poden acceder aos beneficios/descontos, nas cuotas mensuais das actividades extraescolares, obradoiros, festas organizadas pola ANPA, , e nalgunha das excursións  ou actividades que fagan os nosos fillos co cole.


3.- HORARIO DE ATENCIÓN :

Estaremos á vosa disposición de xeito habitual na oficina os venres de 17:00 a 18:00 así como a través do noso correo electrónico , Facebook, móvil, whatsapp... (excepcionalmente esta semana de martes a venres no horario habitual)


4.- ALMORZARES:

Adxuntamos ficha de inscripción no servicio de Almorzares que comenzará o día 13.09.2017, que deberedes entregar nas oficinas ou enviar por mail.

FICHA INSCRIPCION ACTIVIDADES CONCILIACION>>

https://drive.google.com/open?id=1EJ5vq4HG5rX5f958Js7ZFoOkusXMOpak

FICHA INSCRIPCION FAMILIA SOCIA>>

https://drive.google.com/open?id=1GDgo_EM9J05lRNiaW4YPv7nXHPuY-Hho








Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24