DÍA DO LIBRO 2017


DÍA DO LIBRO 2017

Conmemorando o día do libro que se celebra o vindeiro domingo día 23 de abril, a ANPA organiza unha serie de actividades para as familias socias das que vos ofrecemos a seguinte información :


CAMPAÑA “ Un neno/a, un libro


Co apoio da editorial RBA Editores, o luns días 24 de abril entre as 17 h e as 19 h estaremos na oficina para entregarlle de balde a cada neno/a socio/a cadanseu libro axeitado á súa idade. Os libros que non se recollan ese día doaránse a bibliotecas.

Ao alumnado de 6º Primaria e ESO entregaráselle un exemplar de El Quijote adaptado para a mocidade por Arturo Pérez Reverte ( encargo da Real Academia de la Lengua Española ). Ofrecémoslle así un libro de estudo que necesitarán máis adiante e cuxo autor dou orixe á data de celebración deste importante día.

 

TALLER DE MARCAPÁXINAS ( SCRAPP)


Tamén o mesmo luns día 24 de abril, en dúas quendas ofrecemos a posibilidade de elaborar un precioso e práctico marcapáxinas para que o alumnado utilice en todos os libros que vaia devorando…. O taller impartiráo Carolina Carrasco, responsable do blogue Tia Gilita, especialista na modalidade de scrapp. Para todas as idades.

O custe por alumno é de 1 euro ( non socios : 4 euros )

 

Lugar: comedor do centro

Quenda 1 : de 16:45 a 18:00 ( límite 15 prazas )

Quenda 2 : de 18:15 a 19:30 ( límite 15 prazas )
 
Adxudicáranse as prazas por orde de inscrición ( whatsapp, mail, oficina )     




                                                                                                                                

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24