AXUDA PARA AS SAÍDAS ESCOLARES CURSO 2016/2017

Bo día familias ¡

Continuando coa actuación do pasado curso este curso a ANPA tamén sufragará ao alumnado socio parte dunha das saídas organizadas polo centro.

Comezaremos coa  saída que o alumnado de 1º, 2º,3º e 4º de Educación Primaria fará o día 2 de decembro á Coruña. Neste caso, a ANPA aboarálle aos socios que asistan o importe de 4 €

Máis, por razóns organizativas do centro, este necesita que as familias igualmente envíen polos alumnos a autorización  asinada e os cartos totais correspondentes.

A partires do día seguinte ao da excursión, as familias socias poderán pasar a recoller pola nosa oficina o importe referido ( no horaria habitual, mércores de 17 a 18, se habilitamos outro día a maiores volo comunicaremos ).

Sabemos que non é a opción máis cómoda, pero polo momento é a única que o centro pode poñer en práctica, como dicíamos, por razóns organizativas.

O grupo de Educación Infantil terá esta pequena axuda para a saída de fin de curso, como tamén sucederá con 5º e 6º de Primaria.

En Secundaria, comezaremos coa saída que 1º ESO ten prevista para o 15 de decembro,

Iremos informándovos das saídas subvencionadas para o resto dos niveis.

Saúdos .

A xunta directiva.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24