AVISO DIRECCIÓN DO CENTRO RENOVACIÓN CONSELLOS ESCOLARES

Bo día :

Animamos a todas as familias e ao alumnado a participar no órgano de representación e decisión por excelencia, como é o Consello Escolar, tanto presentándose como elixibles como acudindo a votar o día da elección ( na última semana do mes de novembro).


AVISO DA DIRECCIÓN DO CENTRO

Dando cumprimento ó estipulado no artigo 2.2 da Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG do 04.10.2016) da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa, procederase o día 2 de novembro ás 12:30h , ao sorteo público, no despacho de Dirección, dos membros que constituirán a Xunta Electoral que dirixirá o proceso de elección parcial dos membros compoñentes do Consello Escolar deste Centro Público Integrado “As Mirandas” de Ares.
A Dirección informa que as eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa ao Consello Escolar realizaranse entre os días
23 ao 29 de novembro.
 
Nesta renovación parcial quedan implicados nos distintos sectores :

  • Renovación de 3 profesores/as.
  • Renovación de 1 representante das familias do alumnado (por estar vacante).
  • Renovación de 3 representantes do alumnado (actualmente vacantes).
  • Renovación de 1 representante do persoal non docente (actualmente vacante).

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiasmirandas/node/317

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24