TARDE DIVERTIDA¡¡ ALUMNADO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2015-2016


Ola familias ¡

 
Lembrámosvos que, como cada ano, as actividades extraescolares organizadas pola ANPA rematan o 31.05.2016 ( agás Educamañás – Almorzares e Piscina  que rematan o mesmo día que o curso escolar, o 22.06.2016 ).

 

Como novidade este curso queremos celebrar o seu remate cunha TARDE DIVERTIDA na que o alumnado inscrito en calquera das 5 actividades que organizamos  ( Piscina, Almorzares, Art Attack, Cociña e Inglés ) poida exhibir, na medida do posible, o resultado do seu traballo e todos poidamos participar e acompañalos nesa tarefa, acompañados dos seus monitores.

 

Por exemplo, poderemos ver a exposición dos traballos dos noso peques de Art Attack e participar na elaboración en directo dalguna manualidade ( pregamos ás familias do alumnado de Art Attack que nos fagan chegar os traballos que conserven para poder expoñelos ).

 

Tamén desfrutaremos das dotes musicais do alumnado de Inglés que nos deleitará con varias cancións nese idioma e  con carteis decorativos no idioma que están aprendendo…

 

E como non hai festa en Galicia que non leve aparellada comida…. o alumnado de Cociña preparará algún manxar sabrosiño que todos poderemos degustar…

 

E por suposto, para recoñecer o seu esforzo ao longo do curso, todo o alumnado recibirá un pequeno agasallo ao rematar a festa ¡¡¡.

 

A xornada terá lugar o venres día 03.06.2016 entre as 17:00 e as 19:00 no patio de Educación Infantil ( a entrada faráse pola porta azul que mira a ese patio ).

 

 

¡¡ TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES QUEDADES CONVIDADAS A PASAR A TARDE CON NÓS¡¡

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24