SUBVENCIÓN EXCURSIÓNS PARA 3º E 4º PRIMARIA E TODO O CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día familias ¡

Como sabedes, unha das actuacións que esta ANPA puxo en práctica este curso foi a  de sufragar en todo ou en parte, para o alumnado socio, algunha das excursións organizadas polo centro ( polo de agora, unha ao ano por curso e cun importe de 3,5 € ).

Despois de sufragar unha saída para o alumnado de 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 3º E 4º da ESO , seguimos con os tres cursos de Infantil e 3º e 4º de Primaria e as saídas que farán o 08.06.2016 á Granxa-Escola de Ortigueira e o  03.06.2016 a Ferrol ( Sociedade de Historia Natural ) respectivamente.

Por razóns organizativas do centro, este necesita que as familias igualmente envíen polos alumnos a autorización  asinada e os cartos totais correspondentes.

A partires do día da excursión, e no horario habitual de apertura da oficina ( mércores 17:00 a 18:00 ), as familias socias poderán pasar a recoller pola nosa oficina os 3,5 € que achega a ANPA.

Sabemos que non é a opción máis cómoda, pero polo momento é a única que o centro pode poñer en práctica, como díciamos, por razóns organizativas.


Saúdos .

A xunta directiva

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24