QUEREMOS SABER A VOSA OPINIÓN E PROPOSTAS PARA O CURSO QUE VEN

Ola a tod@s ¡

Aínda non rematamos con este e xa estamos programando o vindeiro curso escolar porque non queremos que nos pille o touro ... Así que necesitamos a vosa participación para que opinedes e nos propoñades actividades que vos gustaría que a ANPA organizase a partires do mes de outubro. Poden ser propostas de actividades extraescolares, talleres puntuais,....
 
Estaremos encantados de valoralas e, na medida das nosas posibilidades, poñelas en práctica tendo en conta criterios de competencia, disponibilidade de  horarios, espazo e ....cartos claro ¡.
 
As propostas podedes envialas por mail ( anpadeares@gmail.com ), por whatsapp privado ( 618383083 ) , mensaxe no Facebook,  depositalas no buzón da entrada, ......
 
Agradaríanos moito sobre todo que as familias do alumnado da ESO (  ou o propio alumnado )  fixera as súas aportacións porque son un colectivo ao que non nos está sendo fácil chegar e convencel@s para participar nas nosas actividades.
 
Animádevos e participade ¡¡
 
Moitas grazas pola vosa colaboración.
 
Saúdos.
 
A xunta directiva.
 
 
 
 
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24