FINALISTAS CONCURSO " DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE"

Ola familias¡

Como establecían as bases do concurso, a comisión seleccionadora reuniuse esta mañá para elixir as 3 propostas finalistas.

Aquí tendes as 3 opcións coas súas correspondentes explicacións para que poidades examinalas e elixir a vosa favorita para a votación do vindeiro mércores 25 de maio de 16:30 a 18:00 h na oficina da ANPA ( o alumnado votará pola mañá ).

Queremos agradecer ao alumnado, ás súas familias e ao profesorado a participación neste certame ao que se presentaron 24 propostas, ¡¡ todo un éxito ¡¡

Agora só queda elixir o que será a imaxe corporativa do noso cole así que .... ESPERÁMOSVOS O MÉRCORES ¡¡

Moitas grazas.

A xunta directiva.

                                                                     

LOGO 1

"Tipografía limpa, firme e moderna que, en conxunto coa será que sostén os papeis e lápiz como simboloxía da educación apuntan unha imaxe de progresión e alto nivel educativo e mestura os valores tradicionais coa innovación do mundo actual, Asi mesmo, a cola e o corpo da serea forman o inicio da palabra " Mirandas ". Correspóndese así coa lenda."


LOGO 2

" O logo está formado por 2 círculos. Escollinos porque un círculo non ten principio nin fin, polo que representa o eterno, o infinito. No interior do círculo pequeño, debuxei As Mirandas, a Miranda grande e a Miranda pequena. Sobrevoándoas hai unha gaivota, habitante privilexiada destas rochas. De fondo puxen unha posta de Sol acompañada dunha suave brisa que levanta unas pequeñas ondas. Todos estes elementos naturais impregnan o logo cunha sensación de tranquilidade e paz que nos animan a afrontar un novo día, un novo reto"

       
                                  
LOGO 3

"Representa un sol cunha onda, coma se fose a Praia"


NOTA : o participante núm. enviou o mesmo logo con cor e o participante núm. 2 enviou a modificación da que informara no momento da súa presentación.
Estas son finalmente as  tres propostas que se someterán a votación o mércores.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24