ATENCIÓN ¡¡ SPOILER ¡¡ PROPOSTA DO UNIFORME PARA O CURSO 2016/2017

 
Ola familias ¡
 

 Entramos xa na recta final do curso escolar e unha das cousas que temos pendentes é a presentación do uniforme do alumnado para o vindeiro curso.
 
 Malia que a primeiros de xuño convocaremos unha asemblea para amosarvos os modelos/bocetos finais elixidos e poder velos e, na medida do posible,  tocalos,  dámosvos un pequeño avance..... vamos ...o que agora lle chaman facer spoiler.....( xa llo mostramos á dirección do centro quen nos amosou o seu agrado tanto ás propostas  como á conveniencia da súa implantación, sempre con carácter voluntario por suposto).
 Ao longo de todo o curso,  estivemos barallando e negociando varias opcións, tentando acadar unha boa relación calidade-prezo, decantándonos por estas propostas, que, ao noso parecer, posúen esa característica .
Os prezos marcados correspóndense cos PVP das prendas na tenda que terá á venda o chándal oficial: El baúl de la Abuela ( Carsip ) na Rúa Real de Ferrol quen,  ao ser tamén fabricante, asegúranos a súa disponibilidade durante os vindeiros cursos ( con respecto ao chándal déronnos o prezo máximo de 24,90 €, incluído o bordado do logo, pero estamos negociando á baixa coa empresa e agardamos poder acadar un precio menor ).
 
 Pero como xa dixeramos, varias das prendas propostas poderedes adquirilas en moitos máis establecementos ao ser prendas básicas de uniforme escolar ( falda, polo,...).
 Seguiremos informándovos ¡
Saúdos.

CHÁNDAL UNISEX .
 PREZO MÁXIMO: 24,90 €
( INCLUÍDO O BORDADO DO LOGO )


























                                                 FALDA AZUL MARINO ( 14,90 € ) +
                                                       POLO DE MANGA LARGA /CURTA ( 8 e  7 € )


 

Cuelgue Cheung mezcla de lana hilado Sra. fuente bufanda color puro el otoño y el invierno cálido azul gruesa (azul) Hengyuan Cheung compras en Internet ha sido pulsado.
ADIVIÑADES QUE PRENDA DAS QUE FALTA LEVARÁ ESTA BONITA E RELAXANTE COR "AZUL FRANCIA"?......

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24