TALLERES DE HÁBITOS DE ESTUDO E COMPRENSIÓN LECTORA

Ola familia ¡

Seguimos co noso obxectivo de promoción do eido educativo e lúdico d@s nos@s fill@s e agora toca centrármonos na primeira parte,......

Ofrecémosvos dous talleres que nos parecen sumamente interesantes para eles e que complementan á perfección o que aprenden nas aulas:

* Taller de hábitos de estudo:  co que o alumnado ( e os seus pais, que asistirán tamén no primeiro e último día do taller ), aprenderán recursos e ferramentas de estudo. Con estes, o alumnado terá unha mellor capacidade para sentar, concentrarse e rentabilizar o tempo que adiquen ao estudo.

* Taller de comprensión lectora:  destinado a mellorar a comprensión mediante a lectura, ortografía e caligrafía. Daráse solución aos principais problemas que afronta o alumnado á hora de comprender e razoar todo o que len. A base de toda aprendizaxe é a comprensión, non se pode aprender o que non se comprende .

Os talleres impartiráos profesional cualificado do Centro educativo e atención temprana Impronta de Narón e desenvolveránse na sala de usos múltiples do cole.

Aquí podedes descargar a circular informativa :

http://www.slideshare.net/anpadeares/circular-talleres-estudio-e-comprensin-lectora

Data límite da solicitude de inscrición : xoves 31.03.2016


Animade @s nen@s a acudir, sacarán proveito de seguro ¡¡

Saúdos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24