SUBVENCIÓN EXCURSIÓN 1º E 2º PRIMARIA

Bo día familias ¡

Como sabedes, unha das actuacións que esta ANPA puxo en práctica este curso foi a  de sufragar en todo ou en parte, para o alumnado socio, algunha das excursións organizadas polo centro ( polo de agora, unha ao ano por curso e cun importe de 3,5 € ).

Despois de sufragar unha saída para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria , seguimos con 1ª e 2º de Primaria e a saída ao Castro de Elviña prevista para os días 31.03.2016 e 01.04.2016 respectivamente.

Por razóns organizativas do centro, este necesita que as familias igualmente envíen polos alumnos a autorización  asinada e os cartos totais correspondentes, esto é os 8,5 €.

A partires do día seguinte ao da excursión, e no horario habitual de apertura da oficina, as familias socias poderán pasar a recoller pola nosa oficina os 3,5 € que achega a ANPA.

Sabemos que non é a opción máis cómoda, pero polo momento é a única que o centro pode poñer en práctica, como díciamos, por razóns organizativas.

Iremos informándovos das excursións subvencionadas para o resto dos niveis.

Saúdos .

A xunta directiva.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24