DE NOVO MOITAS GRAZAS ¡¡


Temos que darvos as grazas de novo por acompañarnos na Festa do Entroido do 08.02.2016.

Recoñecemos que tiñamos as nosas dúbidas sobre cómo afectaría o cambio de ubicación e o tempo adverso á vosa asistencia, pero coma sempre no nos defraudástedes e xuntamos a máis de 100 nen@s.

No seu momento consideramos que o Mosteiro era un espazo ideal para este tipo de xuntanzas, Permite que os nenos recorran o edificio e a súa contorna, coñezan un pouco máis o noso patrimonio ....e poidan estar no exterior dun xeito controlado.

Agardarmos que disfrutarádes dunha tarde agradable e que perdoedes os fallos que tivemos.

Queremos darlle as grazas tamén aos papis e mamis que nos botaron unha man no reparto da merenda, e na recollida e limpeza do local.

Por suposto tamén ao Concello de Ares por permitirnos desenvolver a Festa no Mosteiro e prestarnos o mobiliario. A Juancho, de Santa Compaña.  E ao Casino Aresano, con quen de seguro seguiremos colaborando, por prestarnos o seu local para as festas dos últimos anos.

Saúdos¡¡
A xunta directiva.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24