RESUMO ACTUACIÓNS LEVADAS A CABO POLA ANPA NO PRIMEIRO TRIMESTRE 2015-2016

Ola familias¡

Aquí vos deixamos un resumo das actuacións levadas a cabo pola ANPA ao longo do primeiro trimestre do curso 2015/2016.

...e seguimos traballando .. por e para @s nos@s fill@s ¡¡¡

Un saúdo
A xunta directiva

 RESUMO DAS ACTUACIÓNS LEVADAS CABO POLA ANPA
 NO PRIMEIRO  TRIMESTRE
 
Nº DE SOCIOS  CURSO  2015-2016 :  126 familias que representan a 164 alumnos
 
  • Reclamación administrativa de ampliación de prazas do comedor escolar
  • Reclamación administrativa de transporte escolar ao remate da xornada lectiva
  • Asemblea de pais e nais para presentar a nova xunta directiva e proxectos a desenvolver
  • Xestión para que o centro, e non as familias, adquirisen os ábacos para 1º e 2º EP
  • Enquisa sobre a aceptación do uniforme voluntario no colexio :
  • Nº familias participantes : 90    Resultado :          70 %  dacordo          30 % en desacordo        Tendo en conta este resultado xa estamos traballando na búsqueda e selección das mellores opcións (tanto económicas como de dispoñibilidade )
  • Solicitude para  mudar a ubicación da parada do transporte escolar no Paralelo
  • Posta en marcha e xestión do servizo de fomento da conciliación familiar e laboral  Educamañás – Almorzares.  Asistencia media de 16 alumnos diarios.
  • Xestión ante o Concello e o centro para instalar alumeado no pasillo de acceso ao patio de Infantil e facilitar así a entrada aos usuarios de Educamañás-Almorzares.
  • Posta en marcha e xestión das actividades extraescolares :
Inglés : 50 alumnos

Art Attack: 12 alumnos

Cociña creativa: 16 alumnos

Piscina : 16 alumnos

AVISO: na actualidade temos prazas vacantes nas actividades de Piscina, Art attack e Cociña, polo que, se estades interesados,  podedes contactar con nós para facer a inscrición.
 
  • Festa do Samaín : 120 alumnos asistentes
  • Festa dos Óscar para alumnado da ESO : cancelada por falta de inscricións mínimas
  • Subvención para os socios  de 5º e 6º EP da excursión ao parque de seguridade vial 
  • Organización da actividade educativa  campaña Infonadal Consumo 2015 do IGC “ Ollo con que escollo” para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP
  • Ampliación do número de establecementos colaboradores coa ANPA :  21 ( se tendes ou coñecedes algún outro negocio local que estea interesado en colaborar con nós, estaremos encantados de incorporalos á listaxe )
  • Visita dos Reis Magos  con brocheta doce para todo o alumnado de Infantil e Primaria.
  • Solicitude de subvención da Deputación da Coruña para actividades culturais 2016
  • Asistencia aos consellos escolares e reunión co equipo directivo do centro nas que manifestamos as inquedanzas que nos trasladaron as familias .

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24