SUBVENCION EXCURSIÓN 5º E 6º PRIMARIA

Bo día familias ¡

Como sabedes, unha das actuacións que esta ANPA quere comezar a poñer en práctica este curso é a  de sufragar en todo ou en parte, para o alumnado socio, algunha das excursións organizadas polo centro ( polo de agora, unha ao ano por curso ).

Comezaremos coa  saída que o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fará os días 1 e 2 de decembro a Fene. Neste caso, a ANPA aboarálle aos socios que asistan o importe total da excursión, esto é, 3,5 €

Máis, por razóns organizativas do centro, este necesita que as familias igualmente envíen polos alumnos a autorización  asinada e os cartos correspondentes.

A partires do día seguinte ao da excursión, as familias socias poderán pasar a recoller pola nosa oficina o importe referido.

Sabemos que non é a opción máis cómoda, pero polo momento é a única que o centro pode poñer en práctica, como díciamos, por razóns organizativas.

Ao longo do curso, iremos informándovos das excursións subvencionadas para o resto dos niveis.

Saúdos .

A xunta directiva.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24