FESTA DOS OSCAR PARA ALUMNADO DA ESO

Bo día familias :

Atendendo a unha reivindicación "histórica", este ano, ademáis de por en práctica outras actuacións como banco de libros, subvencións de excursións,.... queremos ofrecerlle ao alumnado da ESO unha actividade lúdico/cultural axeitada á súa idade.

Por iso o vindeiro 04.12.2015 celebraremos a FESTA DOS OSCAR no pub Golden ( Ánxeles 83 ): música, baile, cóctel, pinchos,.....

Os asistentes poderán caracterizarse como a súa personaxe  cinematográfica preferida ( ou odiada,... ) e para poder acceder ao local, no lugar da invitación que os actores teñen que amosar á entrada das Galas, o alumnado deberá entregarnos unha pequena reseña sobre o actor/personaxe elixido ( filmografía, orixe, curiosidades,...).

Haberá que acadar 50 inscricións para poder celebrar a festa, polo que esperamos contar coa vosa asistencia.

O prazo límite para inscribirse será o venres 27.11.2015 .

Debido ás características da actividade , é necesaria a autorización de asistencia asinada por parte das familias polo que non se aceptará ningunha inscrición que non veña acompañada pola preceptiva autorización. Podedes facela na oficina no seu horario habitual, deixar a autorización asinada no buzón ( os socios ) ou enviala por mail escaneada.

Os que non sexan socios deberán ademáis formalizar o pago da entrada no momento da inscrición, ben na propia oficina ou mediante ingreso na conta da ANPA do Banco Pastor (  ES73 0238 8160 1307 00028610 ) e achegar o xustificante do pago.

Moitas grazas ¡¡ 

Aquí podedes ver o cartel anunciador:
http://es.slideshare.net/anpadeares/oscars-cartel-fondo-blanco

E aquí descargar a autorización de asistencia:
http://es.slideshare.net/anpadeares/autorizacion-de-asistencia-a-festa

27.11.2015: AVISO : A FESTA QUEDA CANCELADA POR INSUFICIENCIA DE INSCRICIÓNS. DISCULPADE AS MOLESTIAS

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24