ACTIVIDADE INFONADAL CONSUMO 2015

Ola familias ¡

Vai chegando a época de Nadal, e con ela a elección e petición de agasallos polos nosos fillos e fillas, e por iso, a ANPA organiza a actividade educativa "ESCOLLO CON MOITO OLLO" impartida polo persoal da Escola Galega de Consumo  ( http://igc.xunta.es/portal/page?_pageid=93,992577&_dad=portal&_schema=portal) dentro do Programa Infonadal Consumo 2015 . Desenvolveráse o vindeiro venres 11 de decembro ás 10.00 h no salón de usos múltiples do colexio.

Esta actividade vai dirixida a nen@s de entre 8 e 12 anos e consiste nunha presentación audiovisual sobre a escolla dos agasallos para reflexionar sobre como a publicidade en xeral e as marcas en particular condicionan as decisións de consumo, que remata cun debate en grupo sobre as alternativas aos agasallos tradicionais.

Tras consultalo coa dirección do centro,  a quen lle agradecemos como sempre a súa boa disposición e colaboración, decidiuse por razón organizativas, que asista o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º  de Educación Primaria, un total de 143 alumnos en dúas quendas.

A actividade é gratuita e vai destinada a todo o alumnado deses niveis.

Durante o 2016 seguiremos colaborando coa Escola Galega de Consumo co fin de poder ofrecer outro tipo de actividades/visitas ao alumnado dos restantes cursos.

Saúdos.

Aquí tendes máis información sobre a actividade:


DESCRICIÓNCONTIDOS OBXECTIVOS
Explicación sobre a oferta e a escolla de agasallos a través dunha presentación audiovisual.

Reflexión crítica sobre a causa da elección dos agasallos e sobre a influenza da publicidade nas decisións de consumo.

Explicación das marcas como elemento condicionante nas decisións de consumo.

Exemplificación de diferentes alternativas aos agasallos convencionais e reflexión do aprendido nun debate de grupo.
 
Influenza da publicidade e da contorna na elección de agasallos.


Características do produto:
- seguridade,
- etiquetado,
- relaciónpublicidade-realidade
- relación calidade/prezo,
- duración e utilidade.


Alternativas de agasallos non materiais.
 
Adquirir a conciencia de como inflúe a publicidade sobre a elección dos agasallos.
 
Coñecer o etiquetado dos produtos e a súa importancia fronte á publicidade.

 Coñecer as características reais dos produtos para facer a mellor elección.

Coñecer diferentes alternativas de agasallos
 
 




Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24