USUARI@S EN LISTAXE DE AGARDA SERVIZO DE COMEDOR

Bo día familias ¡

Como xa vos dixemos,  a ANPA e mais o Centro solicitaramos á Xunta de Galicia a ampliación das prazas do comedor para poder prestar o servizo ao alumnado que quedara na listaxe de agarda tras a resolución definitiva de admitidos.

Hai uns días a Consellería de Educación comunicara que sí outorgaba a ampliación de prazas solicitada ( polo de agora só para este curso 2015-2016 ) mais non se pronunciaba sobre a incorporación de persoal de reforzo que por normativa é imprescidible para un comedor de máis de 150 prazas, como pasaría a ser o noso ( auxiliar de cociña, ..).

Pois ben, tras requerir un pronunciamento sobre este asunto, a Consellería ven de publicar na súa web o anuncio para a cobertura doutra praza de auxiliar de cociña para o comedor do cole :

http://www.xunta.es/comisions/ConsultarAnuncio.do?id=8637

Agardamos que no prazo máis breve posible o comedor funcione xa dando servizo a todos os solicitantes.

Agradecémoslle á dirección do centro a súa constancia na  búsqueda de solucións e o seu esforzo organizativo ao asumir esta ampliación. Esta é a proba de que unindo esforzos acádanse os obxectivos.

Grazas a tod@s¡.

NOTA : O centro xa contactou coas familias afectadas para informarlle da próxima incorporación dos novos usuarios ao servicio de comedor, supeditada á chegada do personal de reforzo.

ACTUALIZACIÓN : O 04.11.2015 todo o o alumnado que se atopaba na listaxe de agarda comezou a disfrutar do servizo de comedor.


Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24