AVISO PARA OS CURSOS DE 1º E 2º DE PRIMARIA

Bo día familias ¡

Na asemblea do 24.09.2015, entre outros temas, explicouse a razón esgrimida polo centro pola que o alumnado de 1º e 2º de Primaria tería que mercar un caderno + ábaco que non figuraba na listaxe de libros/material entregada ao fin do curso anterior.

Tras reunirnos coa dirección, e agradecéndolle ao profesorado o seu interese por abrir novas vías de aprendizaxe do cálculo ( que compartimos )  solicitámoslles que estudasen algunha outra posibilidade que resultase menos gravosa para as familias, tendo en conta ademáis que algunhas delas xa entregaran os cheques-libro da Xunta e non tiñan posibilidade de recuperalos para poder mercar o novo material con cargo a aquel.
Igualmente ofrecímoslles a nosa axuda no caso de que fose necesaria alguna xestión coas editoriais.

A dirección ven de comunicarnos que NON será necesario que as familias merquen o caderno+ábaco, aínda que sí porán en marcha o método. O centro xa encargou 20 unidades, que rotará entre as clases para que o alumnado dos catro cursos poida practicar o cálculo co ábaco.

Reiteramos o noso agradecemento á dirección do centro por ternos dado esta solución ( non gravosa para as familias ) así como ao profesorado destes grupos por poñer en marcha este método de estudo.

Un saúdo.

A xunta directiva.


Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24