COMUNICADO FEDERACIÓN DE ANPAS DA CORUÑA

Boas familias!
Reproducimos un comunicado da Federación de ANPAS da Coruña en relación a folga no ensino do vindeiro 24 de Outubro xunto cun modelo de xustificación de ausencia de alumnado.

Con relación á inasistencia a clase por parte do alumnado, o vindeiro
día 24 de outubro, é de aplicación a Disposición final primeira da
LOE, en cuxo punto 5 modifica o artigo 8 da LODE e o deixa coa
seguinte redacción, que está plenamente vixente:

"Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos
nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os
centros educativos establecerán, ao elaborar as súas normas de
organización e funcionamento, as condicións nas que os seus alumnos
poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as
Administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os
alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria
obrigatoria, con respecto á asistencia a clase non terán a
consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción, cando
teñan sido resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan
comunicadas previamente á dirección do centro. "
É dicir, que se o alumnado dun centro se reuniu en Asemblea e
decidiron non asistir a unha ou a varias clases, durante un ou varios
días (o que é unha folga de estudantes), abonda con el e coa
comunicación á dirección. Para os alumnos onde non se realizasen
Asembleas (motivo polo cal as Administracións intentan prohibilas con
variados argumentos), será de aplicación a falta de asistencia e a
necesidade de xustificala. O mesmo acontece co alumnado que estea nun
curso inferior ao terceiro da ESO
Para xustificar as devanditas faltas serve o modelo adxunto, que
foi revisado por un asesor xurídico.


Saúdos
Xunta Directiva Federación Provincial

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24