RENOVACIÓN PARCIAL DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR- CALENDARIO ELECTORAL

O día 7 de Novembro tivo lugar a Constitución da Xunta electoral e aprobáronse os censos dos distintos sectores que participan nas eleccións para a renovación parcial de membros do Consello Escolar.
A Xunta electoral quedou constituída por:
Presidente: Mª Blanca Cortizas Gómez (Directora)
En representación do profesorado: Juan Bautista Lorenzo Crespo
En representación das familias do alumnado: José Antonio Couce Iglesias
En representación do alumnado: Alba López García-Santamarina
En representación do persoal non docente: Cristina Vieites Iglesias
Aprobouse o seguinte calendario electoral:
ACONTECEMENTODATA e HORALUGAR
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURASDo 8 ao 16 de novembro, ambos os dous inclusivesOficinas administrativas
ADMISIÓN DE CANDIDATURAS POLA XUNTA ELECTORAL E SORTEO DE MESAS ELECTORAISO 19 de novembro ás 15:45h.Dirección do centro
VOTACIÓN ALUMNADOO 26 de novembro no primeiro recreo Na entrada do edificio administrativo
VOTACIÓN PROFESORADOO 26 de novembroClaustro extraordinario
VOTACIÓN DO PERSOAL NON DOCENTEO 26 de novembro ás 13:30h.Na entrada do edificio administrativo
VOTACIÓN DAS FAMILIASO 26 de novembro de 16:30 ás 19:30h.Na entrada do edificio administrativo
PROCLAMACIÓN DE MEMBROS ELECTOS POLA XUNTA ELECTORALO 28 de novembro ás 15:45h.Na dirección do centro

Recordar que según a lexislación vixente, pódense renovar:
  • 2 representantes do sector alumnado por estar vacantes.
  • 1 representante do sector de familias.
  • 1 representante do sector de persoal non docente, e
  • 3 representantes do sector do profesorado.
LEXISLACIÓN
  • Resolución do 7 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG do 20 de setembro).
  • Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril, e os decretos 324/1996, do 26 de xullo, 374/1996, do 17 de outubro, e 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26.01.99).

Nos arquivos adxuntos atópanse:
1.- O modelo de presentación de candidaturas para poder descargalo, ou ben pódese recoller nas oficinas administrativas.
2.- A información do proceso electoral ás familias

Archivos adjuntos
modelo  presentacion candidatura
informacion proceso electoral


Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24