A ANPA e o Concello axudan na viaxe a Toulouse

A ANPA pediu unha reunión co concelleiro de educación de Ares para ver se o Concello podía colaborar nos gastos da viaxe dos nosos rapaces a Toulouse para participar no rallye matemático sen fronteiras que terá lugar o vindeiro 1 de xuño.

Desta conversa se conseguíu o compromiso de apoio monetario que agardamos se poida concretar en datas próximas. Unha felicitación ó Concello por apoiar ó esforzo dos estudiantes.

Dende aquí animamos ós nosos alumnos nesta estupenda aventura e agardamos que volvan de Toulouse co primeiro premio internacional.

Son un orgullo para o noso colexio e para todo Ares.

MOITA SORTE E BOA VIAXE A TOULOUSE!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24