BAILE DE ENTROIDO





O vindeiro 20 de febreiro, dende as 16:30 ata as 19h celebraremos o baile de entroido 2012 no CASINO ARESÁN, a quen agradecemos volvan colaborar con nós.


É unha actividade exclusiva para os socios da ANPA, polo que será gratuita.

Para repor forzas de tanto baile haberá merenda e os rapaces contarán cun animador para xogar.

Tamén teremos un desfile para os que veñan disfrazados.

Hai que anotarse previamente    (ata o xoves 16 de febreiro)      no correo electrónico anpadeares@gmail.com,          no teléfono 618 383 083, no buzón da ANPA ou directamente na oficina da ANPA no seu horario de apertura.

Os rapaces deberán estar acompañados por un adulto durante toda a actividade.

¡DISFRAZÁDEVOS, E VIDE PASALO BEN!

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24