Bo día familias ¡ Continuando coa actuación do pasado curso este curso a ANPA tamén sufragará ao alumnado socio parte dunha das saídas organizadas polo centro. Comezaremos coa saída que o alumnado de 1º, 2º,3º e 4º de Educación Primaria fará o día 2 de decembro á Coruña. Neste caso, a ANPA aboarálle aos socios que asistan o importe de 4 € Máis, por razóns organizativas do centro, este necesita que as familias igualmente envíen polos alumnos a autorización asinada e os cartos totais correspondentes . A partires do día seguinte ao da excursión , as familias socias poderán pasar a recoller pola nosa oficina o importe referido ( no horaria habitual, mércores de 17 a 18, se habilitamos outro día a maiores volo comunicaremos ). Sabemos que non é a opción máis cómoda, pero polo momento é a única que o centro pode poñer en práctica, como dicíamos, por razóns organizativas. O grupo de Educación Infantil terá est...