COMUNICADO DA CONFAPA SOBRE FOLGA ESTUDIANTIL 24 DE NOVEMBRO
" NOTA INFORMATIVA DA FEDAPAS
Ante a folga do día 24 de novembro convocada polo sindicato de Estudantes (SE) e outras organizacións estudantís, a Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos dá Coruña
COMUNICA:
Que a nosa Federación non chama á folga nesta ocasión por considerar que, tras o éxito e consecuencias da nosa mobilización (baleirado de aulas por parte do alumnado e apoio das familias) do pasado 26 de Outubro; e despois do acordo adoptado no Congreso sobre as Reválidas e a LOMCE, entendemos que debemos dar un prazo e deixar traballar ás Institucións (Parlamento, Conferencia Sectorial, Consello Escolar do Estado., etc), que asumiron xestionar as demandas que solicitamos o pasado día 26; advertindo que estaremos moi atentos a que sexan atendidas, e sen renunciar a convocar outras mobilizacións no futuro, se é que as circunstancias o requiren.
Saúdos "
Comentarios
Publicar un comentario