ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN NAS VACACIÓNS DE NADAL

Bo día :

Este ano por primeira vez e tendo en conta que a maioría das veces os papás/mamás non podemos dispoñer dos mesmos períodos vacacionais que o alumnado, a ANPA quere facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias nas vacacións escolares do NADAL, polo que en breve vos informaremos dos horarios e prezos da actividade de ludoteca para esas datas ( do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, ambos inclusive ).

Se algunha familia xa estivese interesada no servizo, pode comunicárnolo, pois así, dependendo da previsión de alumnado interesado, poderiamos axustar moito mellor os prezos e os horarios .

Contamos coa estimable colaboración da dirección do colexio quen nos facilita o uso dalgunha das instalacións para desenvolver esta actividade.

Grazas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24